Xa temos Moodle 3.0 dispoñible!

 

 

Características de Moodle 3

 

Xa está dispoñible a nova versión de Moodle, a número 3.0, trece anos despois de que fora lanzada a primeira versión (1.0) deste sistema e cinco anos despois da 2.0. Faremos un repaso das súas principais novas características.

 

 

Novas características en Moodle 3.0

Moodle, xa vai pola súa versión 3. Nesta versión corríxense multitude de pequenos erros ou bugs e incoporanse novas características, contando con centos de novas melloras, sendo as principais:

 

  • Novos tipos de preguntas interactivas. Estas novas preguntas para o cuestionario do tipo "Drag & Drop" permiten definir exercicios como seleccionar palabras ocultas, seleccionar e arrastrar texto, seleccionar e arrastrar imaxes ou seleccionar e arrastrar marcadores a mapas ou imaxes. É un formato de exercicio innovador que dota de gran interatividade aos cuestionarios permitindo deseñar exercicios moi visuais.
  • Drag & Drop

    Seleccionar, arrastrar e colocar

  • Ver a data na que se suben os arquivos. Os docentes poden amosar a data en que un arquivo foi subido ou modificado, ofrecendo unha mellor experiencia de usuario aos estudantes.
  • Facilidade de edición de seccións. Un novo submenú permite editar, destacar, ocultar ou borrar de xeito máis rápido as seccións.
  • Mensaxes. Posibilidade de eliminar as mensaxes que nos enviaron.
  • Editor Atto. Melloras na creación de táboas e no editor de ecuacións.
  • Moodle Mobile. Novas características como modificar as respostas do cuestionario, o Chat, respostar enquisas, buscar cursos ou auto-matricularse.
  • Administración. Pequenas melloras á hora de actualizar versións e plugins así como na administración de etiquetas.
  • Máis información sobre as novas características na Documentación Oficial de Moodle e 5 características impresionantes de Moodle 3.0.

 

Podemos ver algunhas pantallas en funcionamento coas novas características no seguinte vídeo (en inglés):

 

 

 

Conclusións

En liñas xerais e respecto das anteriores, esta versión só aporta melloras pequenas e correccións de erros ou pequenos detalles que quedaron pendentes. Non achega ningunha funcionalidade importante respecto das anteriores polo que non se xustificaría unha actualización por exemplo das 2.8.*, ou 2.9.* á 3.0. Para unha instalación nova, de cero, si que é unha versión estable e completa, pero tendo en conta o redondo do número de versión o público en xeral do Moodle bota en falta algunha mellora significativa e destacable. Na miña opinión a pesar do redondo do número de versión só é unha actualización máis.

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.