Xa está dispoñible a nova versión de Moodle, a número 3.0, trece anos despois de que fora lanzada a primeira versión (1.0) deste sistema e cinco anos despois da 2.0. Faremos un repaso das súas principais novas características.
A maneira máis directa de atopar e instalar apps é a través das tendas de aplicacións ou Stores dispoñibles, segundo cada sistema operativo móbil. Ademais destas tendas específicas existen tendas abertas para diferentes sistemas e sitios especializados na recopilación e busca de apps exclusivamente educativas.
Tanto Android como iOS compiten en todos os campos, incluído o da Educación, en establecer un mercado de apps e impoñer o seu modelo, a través de solucións adaptadas para escolas que inclúen os dispositivos e paquetes de aplicacións.
Para permitir un modelo BYOD e que se poidan empregar outros dispositivos como notebooks, cómpre fuxir destes modelos tan comerciais. Habería que buscar apps educativas que a ser posible dispoñan dunha alternativa web. Se ben, certas apps específicas para móbiles non dispoñen de web pero a súa funcionalidade educativa pode ser moi valiosa, polo que poderíamos adoptalas para a realización de actividades específicas para unha determinada materia. Aínda así, neses casos cómpre tentar sempre que cubran como mínimo os dous sistemas operativos principais (Android e iOS) para non limitar as solucións adoptadas. Este sería o xeito de evitar a segregación tecnolóxica na aula.
Twitter é unha rede social que nos permite consultar rapidamente gran número de mensaxes, grazas sobre todo á súa limitación de caracteres. É unha rede moi dinámica e moi adaptada ao seu uso dende dispositivos móbiles.
Moodle Mobile é a App desenvolvida pola comunidad Moodle para facilitar o acceso á plataforma Moodle dende dispositivos móbiles.
Xa está dispoñible a nova versión de Moodle (2.8). Neste artigo faremos un repaso das súas principais características e cunha infografía para ilustrar os datos do seu desenvolvemento.