Nós

 

¿Quen somos?

 

Gabit é unha empresa galega especializada en prover solucións a medida no eido das TIC a empresas e institucións de calquera sector. Ofrecemos solucións e servizos áxiles, innovadores e económicos fundamentados na nosa experiencia e buscando sempre acadar a maior calidade e profesionalidade posibles no resultado.

 

 

 

 

Os nosos principais servizos inclúen, solucións a medida, emprego de software libre, consultoría, promoción en Internet, innovación 2.0, deseño web, xestión de portais e plataformas de aprendizaxe, especializados no eido educativo e do e-learning, incluíndo a formación no ámbito das TIC e a elaboración de contidos educativos e a súa publicación.

 

 

Aposta de traballo

 

A nosa aposta de traballo pasa sempre pola adaptación ao cliente, a innovación e a evolución continua. Neste senso optamos por desenvolver os produtos empregando software libre co mínimo custe para o cliente e nunha integración continua das necesidades que van xurdindo coa participación do cliente grazas á aplicación de metodoloxías áxiles como SCRUM.

 

Así mesmo a seriedade e profesionalidade son a nosas premisas buscando sempre a elaboración de produtos da máxima calidade.

 

Conceptos: Traballar na nube, e-Learning, SCRUM, moodle, drupal, elgg, Flash, Scorm, redes sociais

 

 

 

 

A nosa principal zona de influencia abarca Ferrol, A Coruña e Santiago, pero grazas a Internet podemos ofrecerlle os nosos servizos en calquera parte do mundo, consúltenos.

 

Se desexa contactar con nós, para solicitar os nosos servizos ou consultar presupostos ou plans, pode deixar unha mensaxe empregando o formulario de contacto do sitio.




Etiquetas:
Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.