Guías de prevención e primeiros auxilios para a escola

 

Primeros auxilios en la escuela

 

 

Hoxe traemos unha serie de guías e recursos educativos para a prevención e actuación en caso de emerxencia ou accidente na escola, incluíndo información e indicacións sobre primeiros auxilios. Son guías e documentos pensados sobre todo para o seu uso por docentes, pero que poden resultar útiles tamén para as familias e como formación básica para os máis pequenos sobre como reaccionar ante estas situacións. Os principais puntos a tratar serán: pevención, como pedir axuda, e como actuar cando sexa posible mentres se agarda á chegada dos servizos de emerxencias sanitarias.

 

 

Protocolos de actuación ante emerxencias sanitarias

Guía que recolle recomendacións e indicacións para docentes, monitores, personal de administración e servizos e usuarios en xeral, detallando como actuar ante diversas situacións de emerxencia que se poidan dar nos centros escolares.

Ademais nunha segunda parte do manual, se incluíron Trastornos Psicosociais, que aínda que non se consideren como accidentes ou enfermidades repentinas que requiran unha actuación inmediata, son problemas tristemente comúns hoxe en día, polo que un diagnóstico precoz pode ser de grande axuda, sendo docentes ou técnicos deportivos os primeiros que poderían alertar da presenza de signos e síntomas que poidan indicar un trastorno.

 

Guía de protocolos de actuación ante emergencias sanitarias

Protocolos de actuación ante emerxencias sanitarias, elaborado pola Xunta de Andalucía.

 

 

Guía para a Prevención de Accidentes en Centros Escolares

Nste caso a guía céntrase na prevención de accidentes sufridos por nenos e nenas, sinalando que o 15% dos mesmos prodúcense en centros escolares. A guía expón os principais tipos de accidentes que poden acontecer nun centro escolar, tales como: caídas, golpes, curtes, asfixia por corpos estraños, mordidas ou accidentes de tráfico entre outros. A continuación fálase das medidas de prevención que os docentes poden transmitir aos estudiantes, así como algunhas técnicas de primeiros auxilios básicas.

 

Guía para la Prevención de Accidentes en Centros Escolares

Guía para a Prevención de Accidentes en Centros Escolares, elaborado pola comunidade de Madrid.

 

 

Primeiros Auxilios - Guía básica para actuar ante unha emerxencia

Trátase dunha guía de primeiros auxilios básicos moi amena e que pode servir para aproximar este tema aos máis pequenos grazas ao seu deseño gráfico que recorda a un cómic e fai que resulte moi amena.

 

Primeros Auxilios - Guía básica para actuar ante una emergencia

Primeiros Auxilios - Guía básica para actuar ante unha emerxencia.

 

 

Infografía: Primeiros Auxilios

E como xa é tradición, rematamos cunha infografía de primeiros auxilios na escola. Elaborada por KidsHealth.org, resulta útil como recurso educativo complementario por exemplo para imprimir como póster para a aula.

 

Infografía: Primeros Auxilios

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.