Artabria

 

Artabria Publikator



 

 

 

Publicación de cursos Moodle

 

Vostede pode almacenar o curso en diferentes formatos: ZIP, ISO, RAR, e permitir a descarga do curso vía web sen que o curso perda a súa funcionalidade. Artabria realiza unha conversión de recursos e actividades do curso Moodle ao novo formato estático. Incorpora mecanismos de navegación moito máis doados e usables que o propio contorno de Moodle, ademais de realizar unha depuración automática do código (X)HTML e CSS, así como unha completa serie de adaptacións a requirimentos de accesibilidade mellorando o contido resultante facendo así que sexa máis accesible e doado de empregar polos alumnos/as.

 

Por outra banda o novo formato web amplía as posibilidades de distribución e publicación do curso a través de diferentes ferramentas de maquetación que permiten mesmo a impresión do curso en papel ou alta como publicación electrónica coa asignación de depósito legal, ISBN ou ISSN.

 

 

Entréguelle aos alumnos/as un CD/DVD co curso ou deixe que o descarguen!

 

 

 

¿Como funciona? 

¿Cantas veces aparecen problemas nos cursos por mor de caídas do servidor, problemas de conexión ou ancho de banda limitado? A solución pasa pola publicación do curso realizando unha conversión dos contidos a un formato web estático, válido para o seu funcionamento fóra de liña e por tanto para a súa descarga e impresión. O curso publicado pode empaquetarse en diferentes formatos: imaxe de CD/DVD, arquivo comprimido ZIP/RAR/Outros formatos, etc... facilitando a súa portabilidade. Todos os problemas previos remataranse cando faga entrega do curso completo aos alumnos/as en calquera dos soportes dispoñibles.

 

Diagrama de funcionamento de Artabria Pulikator

Formatos:

  • Web. (X)HTML e CSS
  • Empaquetado como arquivo comprimido. ZIP, RAR, 7-zip, TAR, GZ, etc...
  • Imaxe de CD/DVD. ISO, IMG, BIN, etc...
  • Impresión. Saída en PDF e outros formatos de impresión.

 

 

Exemplo de curso publicado

 

  • Cabeceira. Nome do curso e logotipo ou cabeceiras.
  • Corpo. Esquema de módulos con ligazóns aos contidos, recursos e actividades.
  • Pé. Indicadores dos resultados da análise de validación de código (X)HTML, CSS e Accesibilidade.

 

Principais recursos e actividades

Artabria recolle directamente todos os contidos estáticos do curso, pero ademais permite indicar que elementos dinámicos do curso se publicarán, a través de cuestionarios e arquivos de configuración. A publicación inclúe:

  • Etiquetas, seccións e descricións propias do curso en moodle.
  • Documentos en páxinas HTML.
  • Repositorio de arquivos do curso en calquera formato multimedia e ofimático.
  • Ligazóns externas.
  • Outros contidos estáticos.

 

Ademais dos seguintes elementos configurables:

Tarefas.

Consultas estáticas.

Cuestionarios.

Glosarios.

Wikis.

Leccións.

Actividades de Hotpotatoes.

Foros e Chats en modo offline.

Obxectos Scorm.

 

Scorms e vídeos dispoñibles dende Pendrive/CD/DVD

 

 

 

 

Opcións avanzadas 

 

Usabilidade

Tanto os menús globais como opcións de navegación específicas poden adaptarse ás necesidades dos usuarios/as segundo a toma de requisitos previa, así como estilos, cabeceiras e outras opcións que se consideren necesarias.

 

Accesibilidade

Accesibilidade web

A maquetación empregada por Artabria Publikator é accesible a nivel AAA, quedando por tanto o nivel de accesibilidade do curso publicado marcado polo máximo nivel que acaden os contidos.

 

Outra das vantaxes desta ferramenta é que realiza transformacións no código do curso para que cumpra cos estándares para as validacións HTML e CSS, así como outra serie de adaptacións para mellorar a accesibilidade dos contidos publicados.

 

Todas estas funcionalidades buscan achegar os contidos dun curso moodle ao máximo número posible de alumnos/as, tendo en conta que isto representa ademais un imperativo legal.

 

Cursos máis usables e accesibles!

 

 

 

AnexoTamaño
AtabriaPublikator.pdf432.94 KB



Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.