Como crear un escritorio virtual coa app Symbaloo

 

 

App Symbaloo

 

Neste titorial veremos como empregar a app Symbaloo para crear escritorios virtuais que nos axuden a definir os nosos PLE. A app será máis intuitiva que a web de Symbaloo en canto a usabilidade, aínda que terá menos funcionalidades.

 

 

Como usar Symbaloo dende o móbil

Nun artigo anterior víanse as principais ferramentas para crear escritorios virtuais: Netvibes, Pearltrees e Symbaloo. Neste, centrarémonos en ver como empregar Symbaloo a través da súa app para dispositivos móbiles (en concreto a súa versión Android) para crear escritorios virtuais cos que conformar os nosos PLE. Basicamente consistirá en crear un novo taboleiro ou webmix e irlle engadindo elementos ou bloques a partir doutros sitios web e apps. Unha das vantaxes do escritorio móbil fronte ao web é a posibilidade de incluír outras apps no escritorio ou taboleiro virtual, como por exemplo Whatsapp.

 

Unha vez instalada a aplicación, abrímola e logueámonos co noso usuario/a. Se xa temos creados outros taboleiros ou webmixes a través da web aparecerá a lista dos mesmos, e premendo sobre o botón do menú xeral do móbil teremos as opcións para crear un novo webmix, buscar por nome na lista ou compartir o noso taboleiro principal a través das ferramentas de comunicación do móbil.

Captura da App Symbaloo (1)

 

Prememos en "Añadir un nuevo webmix" e dámoslle nome:

 

Captura da App Symbaloo (2)

 

Co taboleiro ou webmix baleiro o seguinte paso será comezar a engadir bloques. Temos dúas formas:

  1. Engadir un bloque dende cero a partir dunha URL. Non poderemos engadirle unha icona personalizada dende a app, tan só darlle unha cor e un texto descriptivo.
  2. Buscar o bloque entre a lista de bloques en Symbaloo. Neste caso ao atopar un determinado bloque, xa o engadirá coa icona representativa e nome co que se atope gardado en Symbaloo.

Prememos sobre o menú global do móbil e seleccionamos "Añadir un bloque":

 

Captura da App Symbaloo (3)

 

Engádese a URL, o texto co que queremos que apareza e unha cor para a icona:

 

Captura da App Symbaloo (4)

 

Agora probamos a engadir un bloque xa existente en Symbaloo. Dende a opción de menú "Buscar bloque" ou directamente dende a barra superior, no cadro de texto sinalado pola lupa de buscar, escribimos o nome dun bloque, por exemplo "Google Maps":

 

Captura da App Symbaloo (5)

 

Podemos buscar algúns bloques máis, para ir completando o taboleiro, coma por exemplo "Gmail" e "Whatsapp" (Lembrade que ao estar na versión móbil podemos incluír apps):

 

Captura da App Symbaloo (6)

 

Este sería o taboleiro ou webmix, cos catro bloques que fomos engadindo. O primeiro ao ser engadido manualmente, aparece cunha icona xenérica, a estrela de favoritos, mentres que os outros tres bloques, que si estaban na lista de Symbaloo, aparecen cada un coa súa icona. Con isto temos un pequeno exemplo de escritorio virtual ou PLE. Podedes ir premendo cada lanzador para ver como se abre a súa app ou sitio web correspondente.

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.