Como conectar un dispositivo móbil a un proxector

 

Do móbil ao proxector

 

Actualmente resulta cómodo traballar directamente cos nosos móbiles ou tabletas, así como utilizalos na casa para ver vídeos ou películas. Unha dúbida habitual é como se podería facer para poder ver a pantalla do móbil a través dun proxector, para evitar así o uso do ordenador. Na aula resultará moi cómodo para o educador/a, e na casa haberá moitos usuarios e usuarias que en vez dunha pantalla extra-grande prefiran utilizar tamén un proxector para o fogar. ¿Como transmitir a imaxe do móbil al proxector?

 

 

¿Como transmitir a imaxe dun móbil a un proxector?

 

Proxectar o que estamos vendo no móbil nun proxector na aula ou en casa pode resultar moi cómodo para compartir a imaxe con outras persoas e vela a maior tamaño. O móbil fará as funcións de reproductor e mando a distancia, permitíndonos ademais desprazarnos para facer outras tarefas. ¿Como podemos facelo?

 

 

  • Vía WIFI. Se temos un proxector que permita conexión vía WIFI esta sería a opción ideal, a máis cómoda. Conectaríase o dispositivo móbil en rede co proxector e automaticamente veríamos a imaxe do mesmo no proxector, igual que cando conectamos un cable dende o proxector a un ordenador. Para facilitar a reproducción de contenidos poderemos utilizar apps en Android deste tipo: LibreOffice Impress Remote, destinada á reprodución de presentacións de LibreOffice. En iOS teríamos tamén alternativas como: Epson iProjection ou Airplay.
  • Con cable. Se o proxector non dispón de conexión WIFI, algo moi habitual, haberá que utilizar un cable para conectar o proxector e o móbil. Se utilizamos un cable, perderemos a posibilidade de desprazarnos co móbil, evidentemente, pero é o que hai. Os cables deste tipo máis habituais serán de tipo micro-USB a HDMI (para vídeo), ou ben, de tipo micro-USB a USB estándar, o cable típico co que conectamos o móbil a un ordenador, por exemplo.

 

No caso de que queiramos conectar o móbil a través de cable, tamén temos varias opcións. Se utilizamos un cable de vídeo coma HDMI, a saída xa debería verse automaticamente sen ter que facer nada máis. En cambio se a conexión é USB imos a depender das características do proxector. En xeral, moitos proxectores permiten ler un pendrive USB directamente, por tanto poderemos ver vídeos sempre que estean nun formato de vídeo adecuado pero non un vídeo que estemos vendo en Youtube por exemplo, ou unha presentación de LibreOffice, como poñíamos coma exemplo anteriormente. Se realmente quixéramos ver todo, todo, o que esteamos facendo no móbil a través do proxector teríamos que utilizar un ordenador de intermediario e cun software espello ou mirroring transmitir a pantalla do móbil ao ordendor e facer que esta se vexa no proxector tal e como facemos habitualmente.

 

 

Comunicación en espello ou mirroring

Con esta técnica proxectamos a pantalla do móbil no ordenador, e como a súa saída de vídeo comunícase directamente ao proyector a través dun cable de calquera tipo (VGA, HDMI, etc), veremos o mesmo no proxector que o que esteamos vendo no móbil. Será a solución ideal para os proxectores máis antigos, é dicir, que non teñan opción de conexión a través de WIFI ou que non poidan ler pendrives USB. Requiren da instalación dun software adicional, tanto no móbil a través de app como no ordenador a través dun programa que os conecte a ambos. Temos varias alternativas que en esencia funcionarán dun modo moi similar:

Vídeo presentación da app de TeamViewer [Inglés con subtítulos en español]

 

  • TeamViewer . Para Android, iOS e outros sistemas, que conecta a través dunha clave privada o dispositivo ao ordenador.
  • MirrorOp e Airdroid . Para Android, cun funcionamiento similar.

 

 

Infografía de resumo

Infografía: Como conectar un dispositivo móbil a un proxector

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.