mLearning: Como buscar apps educativas

Como buscar apps

 

Presentación

A maneira máis directa de atopar e instalar apps é a través das tendas de aplicacións ou Stores dispoñibles, segundo cada sistema operativo móbil. Ademais destas tendas específicas existen tendas abertas para diferentes sistemas e sitios especializados na recopilación e busca de apps exclusivamente educativas.

Tanto Android como iOS compiten en todos os campos, incluído o da Educación, en establecer un mercado de apps e impoñer o seu modelo, a través de solucións adaptadas para escolas que inclúen os dispositivos e paquetes de aplicacións.

Para permitir un modelo BYOD e que se poidan empregar outros dispositivos como notebooks, cómpre fuxir destes modelos tan comerciais. Habería que buscar apps educativas que a ser posible dispoñan dunha alternativa web. Se ben, certas apps específicas para móbiles non dispoñen de web pero a súa funcionalidade educativa pode ser moi valiosa, polo que poderíamos adoptalas para a realización de actividades específicas para unha determinada materia. Aínda así, neses casos cómpre tentar sempre que cubran como mínimo os dous sistemas operativos principais (Android e iOS) para non limitar as solucións adoptadas. Este sería o xeito de evitar a segregación tecnolóxica na aula.

 

Presentación sobre como buscar apps educativas

 

Contidos:

  • ¿Como buscar apps educativas?
  • Caso Android
  • Caso iOS
  • Buscadores educativos.
  • Buscadores de apps para NEE.
  • Outros buscadores.

 

 

Buscadores de apps educativas

A continuación veremos as principais alternativas para atopar apps educativas, mirando de clasificalas polo número de apps que se inclúen, plataformas (Android, iOS, Web, etc) para as que indica se está dipoñible a app, idioma en que se atopa o buscador, filtros de busca para clasificar as apps, e temática do sitio ou buscador.

 

Google Play

Google Play

  • Núm. de Apps. Moi alto.
  • Plataformas. Android.
  • Idioma da web. Multi-idioma, incluído español.
  • Filtros de busca. Categoría de Educación, máis descargadas e máis vendidas.
  • Temática das apps. Xeral.

Icono urlSitio web oficial de Google Play.

 

App Store

App Store

  • Núm. de Apps. Moi alto.
  • Plataformas. iOS.
  • Idioma da web. Multi-idioma, incluído español.
  • Filtros de busca. Categoría de Educación.
  • Temática das apps. Xeral.

Icono urlSitio web oficial de App Store Educación.

 

EduApps

EduApps

  • Núm. de Apps. Alto.
  • Plataformas. iOS.
  • Idioma da web. Español.
  • Filtros de busca. Curso, Materia, Bloque e Currículo.
  • Temática das apps. Xeral.

Icono urlSitio web oficial de EduApps.

 

Proxecto Guappis

Proxecto Guappis

  • Núm. de Apps. Medio.
  • Plataformas. Android/iOS.
  • Idioma da web. Español.
  • Filtros de busca. Sistema operativo, Contido, Tipo, Capacidades e Etapa Educativa.
  • Temática das apps. Xeral.
  • Valor engadido. Exemplos de uso educativo da app.

Icono urlSitio web oficial de Proxecto Guappis.

 

Edshelf

Edshelf

  • Núm. de Apps. Alto.
  • Plataformas. Android/iOS/Web/etc.
  • Idioma da web. Inglés.
  • Filtros de busca. Prezo, Idade, Materia, Plataforma e Categoría.
  • Temática das apps. Xeral.

Icono urlSitio web oficial de Edshelf.

 

Appcrawlr

Appcrawlr

  • Núm. de Apps. Alto.
  • Plataformas. Android/iOS/Windows Phone.
  • Idioma da web. Inglés.
  • Filtros de busca. Prezo, Plataforma, Tema e Categoría.
  • Temática das apps. Xeral.
  • Valor engadido. Permite filtrar por aspectos como a que axuda (mellorar vocabulario, aprender novas palabras, etc), Audiencia e outras Características

Icono urlSitio web oficial de Appcrawlr.

 

Educational App Store

Educational App Store

  • Núm. de Apps. Medio.
  • Plataformas. Android/iOS/Windows Phone.
  • Idioma da web. Inglés.
  • Filtros de busca. Prezo, Categoría e Idade.
  • Temática das apps. Xeral.

Icono urlSitio web oficial de Educational App Store.

 

Applicaditos

Applicaditos

  • Núm. de Apps. Baixo.
  • Plataformas. Android/iOS.
  • Idioma da web. Español.
  • Filtros de busca. Plataforma, Dispositivo, Área.
  • Temática das apps. Apps para nenos/as de 3 a 8 anos.

Icono urlSitio web oficial de Applicaditos.

 

Appolearning

Appolearning

  • Núm. de Apps. Baixo.
  • Plataformas. Android/iOS.
  • Idioma da web. Inglés.
  • Filtros de busca. Plataforma, Área educativa.
  • Temática das apps. Xeral.
  • Valor engadido. Análise moi en detalle das apps, perante rúbrica e cualificación, así como unha descrición dos enfoques educativos que se lle poden dar.

Icono urlSitio web oficial de Appolearning.

 

Moms whith apps

Moms whith apps

  • Núm. de Apps. Baixo.
  • Plataformas. Android/iOS/Kindle/Windows Phone.
  • Idioma da web. Inglés.
  • Filtros de busca. Plataforma, Idade e Materia.
  • Temática das apps. Só para nenos/as de infantil e primaria.
  • Valor engadido. Indicación do nivel de seguridade das apps (evitar compras online ou acceder a redes sociais) e posibilidade de funcionamento sen Internet.

Icono urlSitio web oficial de Moms whith apps.

 

Appyautism

Appyautism

  • Núm. de Apps. Baixo.
  • Plataformas. Android/iOS/Web/Windows Phone/Consolas.
  • Idioma da web. Español/Inglés.
  • Filtros de busca. Plataforma, Categoría, Idiomas, Prezo, Idade e Existencia de evidencias científicas.
  • Temática das apps. Apps destinadas a persoas con TEA.

Icono urlSitio web oficial de Appyautism.

 

Special Needs Apps

Special Needs Apps

  • Núm. de Apps. Medio.
  • Plataformas. Android/iOS.
  • Idioma da web. Inglés.
  • Filtros de busca. Plataforma, Categoría.
  • Temática das apps. Apps destinadas a persoas con necesidades educativas especiais.

Icono urlSitio web oficial de Special Needs Apps.

 

Atrappo

Atrappo

  • Núm. de Apps. Alto.
  • Plataformas. Android/iOS/Windows Phone.
  • Idioma da web. Multi-idioma, incluído español.
  • Filtros de busca. Plataforma, Categoría.
  • Temática das apps. Xeral.

Icono urlSitio web oficial de Atrappo.

 

F-Droid

F-Droid

  • Núm. de Apps. Baixo.
  • Plataformas. Android.
  • Idioma da web. Inglés.
  • Filtros de busca. Categoría.
  • Temática das apps. Xeral.
  • Valor engadido. Só apps de código aberto (Software libre).

Icono urlSitio web oficial de F-Droid.

 

 

Outros recursos para atopar apps educativas

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2019, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.