Esta infografía realizada por MyTrenphone.es recolle algúns datos curiosos sobre os teléfonos móbiles. ¿Sabías que 4.000 millóns de persoas teñen xa teléfono móbil en todo o mundo? ¿ou que hai 5 veces máis smartphones que ordenadores de sobremesa? A continuación máis datos curiosos...
Actualmente resulta cómodo traballar directamente cos nosos móbiles ou tabletas, así como utilizalos na casa para ver vídeos ou películas. Unha dúbida habitual é como se podería facer para poder ver a pantalla do móbil a través dun proxector, para evitar así o uso do ordenador. Na aula resultará moi cómodo para o educador/a, e na casa haberá moitos usuarios e usuarias que en vez dunha pantalla extra-grande prefiran utilizar tamén un proxector para o fogar. ¿Como transmitir a imaxe do móbil al proxector?
Neste titorial veremos como empregar a app Symbaloo para crear escritorios virtuais que nos axuden a definir os nosos PLE. A app será máis intuitiva que a web de Symbaloo en canto a usabilidade, aínda que terá menos funcionalidades.
Spiral Education é unha solución que nos ofrece un sistema doado de integrar na aula de traballo colaborativo empregando smartphones, tablets e encerados dixitais (PDI). É unha solución gratuíta, moi doada de utilizar, e que se centra en dous aspectos clave, a resolución de exercicios e a discusión dos mesmos a partires da súa publicación no encerado dixital de clase.
Os smartphones ofrécennos moitas posibilidades no campo da saúde grazas ás súas ferramentas de monitorización e seguemento. O feito de levar un ordenador sempre enriba pode servirnos para levar un rexistro de medicións, lembrar a hora á que tomar medicamentos, seguir dietas, como fonte de información e suxestións, contactar co noso médico e consultar dúbidas.
Neste artigo amósanse infografías con datos curiosos sobre o uso de dispositivos móbiles na actualidade. En España xa son o dispositivo preferido para conectarse a Internet, sendo líder sobre outros países como Estados Unidos. Pero... ¿sabías que unha persoa mira unha media de 110 veces o seu móbil ao día ou que o 90% dos xaponeses teñen un móbil resistente á auga para poder velo na ducha?
Xa está en marcha o novo DNI 3.0, que trae novas tecnoloxías e sobre todo unha serie de preguntas acerca da súa seguridade. Como acostuma a acontecer cos novos medios e tecnoloxías temos que considerar aquelas cuestións relacionadas sobre como garantir a seguridade e a privacidade.
Neste artigo amósase a través de dúas infografías o impacto actual que o uso dos teléfonos intelixentes ou smartphones ten a nivel mundial no que respecta a hábitos e uso de Internet e na segunda o impacto dos mesmos en países en vías de desenvolvemento fundamentalmente como forma de superar a fenda dixital entre países a nivel mundial.