Acurtadores de ligazóns: Bitly

 

Bitly

Bitly é un acurtador de ligazóns, que nos ofrece un xeito rápido e sinxelo de obter URLs curtas e personalizadas. Ademais permítenos analizar estatísticas de uso das ligazóns e crear grupos de ligazóns para compartir.

 

Bitly

Para aqueles que comparten ligazóns habitualmente, por exemplo, educadores ou persoas co seu propio negocio ou empresa, Bitly é un xestor de ligazóns que nos permite moitas funcións para facilitar esta tarefa. O obxectivo principal de Bitly é acurtar ligazóns moi longas, permitindo personalizalos para facelos amigables. Esta función resulta moi importante para redes sociais coma por exemplo Twitter, onde temos un límite no número de caracteres. Ademais é completamente gratis e doado de usar. Entre as súas principais funcionalidades destacan:

 

  • Personalizar. Bitly proporciónanos unha ligazón curta, xeralmente cun código numérico, pero podemos modificalo co texto que queiramos, máis amigable. (Opción de editar a ligazón)
  • Obter estatísticas. Podemos obter estatísticas do número de clics nas ligazóns, dende que redes ou servizos 2.0 faise clic, e incluso os países dende onde accedeu un usuario/a. Podemos ver estes resultados en formato táboa ou a través de gráficas.
  • Buscas. As ligazóns engadidas a Bitly aparecen ordeadas, e ademais podemos facer buscas na lista de ligazóns de xeito que as ligazóns compartidas permanezan sempre accesibles para nós.
  • Grupos. Podemos crear bundles ou grupos de varias ligazóns, para compartir de maneira conxunta.
  • Outras ferramentas. Dispón dunha extensión para navegadores que converte a URL da páxina onde nos atopemos directamente nunha ligazón Bitly. Suxestións de ligazóns relacionadas cos que xa teñamos na nosa lista. Un perfil público do estilo das redes sociais, onde amosar as ligazóns que marquemos como públicas. Outra opción interesante que aínda se atopa en desenvolvemento é a de permitir enfatizar a ligazón amosando algunha de entre varias emocións segundo nos transmita: "Encántame", "Non me gusta", "Ódioo", "¿Pero isto que é?", etc. E aínda máis opcións... por contra agora mesmo non permite a xeración automática de códigos QR, cousa que si permitía no seu día.

 

Captura da pantalla principal de Bitly

Captura da pantalla principal de Bitly

 

Icono urlSitio web oficial de Bitly.

 

 

Infografía con 7 benefecios do uso de Bitly

 

Infografía benefecios do uso de Bitly

 

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.