Novas Mancomún

Distribuir contido Mancomún: Últimas novas
Últimas novas de Mancomún
Actualizado: fai 7 years 43 semanas

Nova entrega de Digikam

Ven, 07/15/2016 - 11:14
Recentemente, a mediados da semana pasada, os desenvolvedores de Digikam facían un anuncio esperado durante os dous últimos anos. Digikam 5.0 foi anunciado oficialmente e con el veñen todas as melloras que durante todo este tempo fóronse realizando neste software de edición fotográfica con licencia libre GNU GPLv2. Durante estes dous últimos anos, fíxose unha substitución da meirande parte do código fonte para adaptalo ás bibliotecas de código Qt5 e con elo facilitalar a introdución do software en novas plataformas de sistema operativo como Windows e OS X.
Categorías: Novas, Novas TIC

Bulgaria aproba unha lei para que todos os desenvolvementos de software públicos sexan Open Source

Ven, 07/15/2016 - 09:00
O parlamento de Bulgaria acaba de aprobar unha modificación da súa Lei de Gobernanza Dixital que fará que todo desenvolvemento de software que sexa creado pola administración teña que ser Open Source e ademais o proceso de desenvolvemento terá que ter lugar nun repositorio de software público.

Fotografía: Wisi Greter; Licenza: CC-BY-NC

Categorías: Novas, Novas TIC

Orballo Printing: Impresión dixital 3D Open Source en galego

Xov, 07/14/2016 - 13:20
A empresa Orballo Printing estase a labrar un nome relevante no mundo do impresión dixital 3D a base de Open Software e Open Hardware e o está a facer a nivel internacional. Esto, que pode ser o caso típico de empresa foránea, ocorre desta volta na casa. Orballo Printing ten a súa sede en Vigo e dende ela comercializa o seu produto estrela a impresora 3D Prusa Steel hacia todas as partes do mundo. O factor diferencial clave desta volta para esta empresa é a súa aposta pola filosofía de compoñentes abertos e sen patente e pola coidado polo control da cadea de produción que consegue grazas a traballar na totalidade con provedores da contorna. Estos dous factores son os que, en combinación, estanlle a granxear a Orballo Printing un éxito notorio que está a ser acollido con agrado polas comunidades maker non só no ámbito local se non tamén as espalladas por todo o mundo.
Categorías: Novas, Novas TIC

A cidade francesa de Grenoble segue co seu proxecto de migración a software libre das escolas

Xov, 07/14/2016 - 12:00
Este ano serán outras 8 escolas da cidade de Grenoble as que serán migradas completamente a software libre, incluíndo servidores, equipos de sobremesa e portátiles. Este ambicioso proxecto pretende que no ano 2018 o total de escolas da cidade estean migradas completamente a software libre, o que entre outras cousas lles permite un mellor aproveitamento do equipamento hardware do que dispoñen.
Categorías: Novas, Novas TIC

iVIS, plataforma sueca de e-servizos de software libre para escolas, comezará a funcionar o próximo mes de setembro

Xov, 07/14/2016 - 08:00
iVIS é un proxecto levado a cabo pola Asociación de Municipios para o Desenvolvemento Conxunto de e-servizos en Suecia. A idea é desenvolver unha plataforma de software libre que permita crear diferentes aplicacións administrativas para as escolas, tanto para equipos de sobremesa como para dispositivos móbiles. É un proxecto financiado tamén en parte pola Axencia Sueca de Innovación. O próximo mes de setembro, co comezo do novo curso académico comezará a funcionar a primeira fase do proxecto con algún dos desenvolvementos que xa están realizados. 
Categorías: Novas, Novas TIC

Nova edición do curso de Análise estatística con Rcommander, organizado pola OSL do CIXUG

Mér, 07/13/2016 - 10:59
45 novos docentes serán formados na linguaxe estatística R a través da súa contorna gráfica RCommander na nova edición do curso en liña organizado pola OSL do CIXUG coa colaboración dos diferentes servizos de formación do profesorado das 3 universidades galegas. Así, durante os meses de setembro e outubro desenvolverase na aula virtual do CIXUG: cursos.cixug.es unha nova edición do curso en liña de Análise estatística con Rcommander.
Categorías: Novas, Novas TIC

INRIA presentou o seu proxecto para a salvagarda de toda a herdanza do Código Aberto

Mér, 07/13/2016 - 08:55
Software Heritage foi presentado na Debconf16 celebrada a pasada semana en Cidade do Cabo. Trátase, en palabras dos seus responsables, de "recompilar e preservar o software en formato de código aberto, xa que os programas incorporan o noso coñecemento técnico e científico e a humanidade non pode correr o risco de perdelo. O software é unha parte preciosa do noso patrimonio cultural, polo que a nosa intención é facer de garante da accesibilidade de todo o software recollido polo proxecto, porque só a través da posta en común pódese garantir a súa conservación a moi longo prazo".
Categorías: Novas, Novas TIC

Concurso europeo para promover a reutilización de software nas administracións públicas

Mar, 07/12/2016 - 09:28
A Comisión Europea premiará a produtos software e servizos que teñan un probado éxito de compartición no sector público e que teñan un potencial de reutilización amplo en Europa. En palabras de Margarida Abecasis encargada do programa ISA e da organización do premio "quérese premiar ás solucións de TI que foron desenvolvidas e compartidas polas administracións públicas existentes, para que poidan ser aínda máis reutilizadas en toda Europa".
Categorías: Novas, Novas TIC

Publicado Linux Mint 18 “Sarah” Cinnamon

Lun, 07/11/2016 - 09:30
O pasado 30 de xuño anunciouse a publicación de Linux Mint 18. Esta versión ten soporte a longo prazo ata 2021 e vén con software actualizado que trae melloras para facer a contorna de usuario aínda máis cómoda de usar. Dende a propia nota de publicación da nova entrega pódese acceder ás ligazóns para descargar as diferentes ISO. Para un maior detalle acerca da nova entrega pódense consultar as notas da versión para Linux Mint 18 Cinnamon.
Categorías: Novas, Novas TIC

Publicado o contorno de escritorio KDE 5.7 dispoñible en galego

Ven, 07/08/2016 - 09:30
 A Comunidade de KDE vén de anunciar o seu lanzamento do Espazo de traballo Plasma, de aplicativos e da Plataforma de desenvolvemento de KDE 5.7. Este novo lanzamento ten un relevante paquete de melloras e cambios con respecto a versións anteriores que, dun xeito particular, buscan a adaptación ao novo xestor gráfico Wayland:
  • A caixa de entrada foi totalmente redeseñada buscando un enfoque máis sinxelo.

  • Volve a visión de axenda no calendario que nos amosa ao instante todas as cifras e días festivos.

  • Dende Krunner agora poderase acceder directamente ás chamadas Jump List Actions que nos permiten acceder a tarefas específicas de determinadas aplicacións

  • Cambios no control de volume permiten cambiar o dispositivo de audio dunha aplicación simplemente arrastrando a aplicación a outro dispositivo

  • Melloras na visibilidade de todo o sistema con cambios no esquema de cores usado no artwork do proxecto

  • Tamén mellorou o framework Kiosk

  • E o xestor de tarefas foi redeseñado por completo para mellorar a compatibilidade co protocolo de servidor gráfico Wayland.

Respecto do último punto, o equipo de KDE realizou especialmente multitude de tests que involucran ao compositor de xanelas KWin en relación ao soporte para Wayland, aínda que o servidor clásico X11 seguirá a ser a opción predeterminada polo momento.
Categorías: Novas, Novas TIC

Xamarin será liberado coma Open Source coma parte da .NET Foundation

Lun, 04/04/2016 - 13:30
O pasado 31 de Marzo, Nat Friedman, actual CEO e co-fundador de Xamarin, anunciou publicamente no blog oficial de Xamarin o compromiso de abrir o código de SDK de Xamarin, incluindo o runtime, as bibliotecas e ferramentas de liña de ordes, como parte dos proxectos da .NET Foundation nos vindeiros meses. Estos proxectos uniranse aos que Microsoft vén liberando en torno á platorma .NET dende finais de 2014.
Categorías: Novas, Novas TIC

Libérase o software de animación 2D OpenTOONZ

Lun, 03/28/2016 - 10:13
Digital Video, os fabricantes de TOONZ, e DWANGO, editorial xaponesa, anunciaron este sábado 26 de marzo no Anime Japan de Tokio a materialización do acordo asinado por ambas partes para a adquisición e liberación como Open Source do software de animación TOONZ, software de animación que foi desenvolvido orixinalmente por Digital Video de xeito independente. Digital Video e DWANGO chegaron a ese acordo baixo a condición de que DWANGO publicase e desenvolvera dito software baixo unha plataforma de código aberto baseada en TOONZ que se chamaría OpenTOONZ. A materialización desta liberación chegou este sábado coa publicación dos fontes do código na plataforma de xestión de proxectos Github.com. Así pois OpenTOONZ xa está accesible dende o sábado baixo licenza BSDv3 compatible coa licenza GPL de GNU.
Categorías: Novas, Novas TIC
Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.