Fotografía: Wisi Greter; Licenza: CC-BY-NC
A caixa de entrada foi totalmente redeseñada buscando un enfoque máis sinxelo.
Volve a visión de axenda no calendario que nos amosa ao instante todas as cifras e días festivos.
Dende Krunner agora poderase acceder directamente ás chamadas Jump List Actions que nos permiten acceder a tarefas específicas de determinadas aplicacións
Cambios no control de volume permiten cambiar o dispositivo de audio dunha aplicación simplemente arrastrando a aplicación a outro dispositivo
Melloras na visibilidade de todo o sistema con cambios no esquema de cores usado no artwork do proxecto
Tamén mellorou o framework Kiosk
E o xestor de tarefas foi redeseñado por completo para mellorar a compatibilidade co protocolo de servidor gráfico Wayland.