O autismo é un trastorno do neurodesenvolvemento de aparición moi precoz. Aparece por norma xeral nos tres primeiros anos de vida. Nun concepto amplo, os Trastornos de Espectro Autista (TEA) inclúen todas as formas de autismo, dende as máis leves ás máis severas. Nestes trastornos obsérvanse alteracións nas seguintes áreas:
Os programas educacionais para nenas e nenos con autismo enfócanse en mellorar as destrezas necesarias para a comunicación, a conduta académica e social, así como aquelas destrezas necesarias para a vida diaria.
Como percibe o mundo unha persoa con Autismo
Academia de especialistas, curta de animación sobre as capacidades especiais das persoas autistas
As TIC nos permiten facer uso de determinados recursos educativos nestes programas educacionais. A continuación vemos algúns destes elementos:
ZAC é o primeiro navegador web desenvolvido especificamente para nenas e nenos con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), tales como o Síndrome de Asperger, Trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TGD), trastorno de Rett, trastorno desintegrativo da infancia, etc...
Presenta unha interface segura orientada a rapazas e rapaces con dificultades de interacción social. Pódese descargar gratuitamente en ordenadores e tablets, xa que emprega tecnoloxía de Adobe Air.
Resulta unha ferramenta moi visual, con contidos preseleccionados. As actividades e vídeos incluídos son moi educativas, pero pódense configurar segundo os gustos e necesidades de cada nena ou neno.
Zac inclúe tamén unha rede social: www.zacsocial.com, onde pais, nais e educadores poden compartir experiencias, dúbidas e recursos.
Sitio web de Zac Browser: http://zacbrowser.com/
Neste caso trátase dun sitio web que permite a realización de diferentes tests de valoración de trastornos relacionados cos TEA. Trátase dunha guía de información ou orientación. Permite realizar os tests a través da web ou descargalos para dispoñer deles sen conexión a Internet. O sitio tamén dispón de publicacións e guías de intervención educativa.
Sitio web Espectroautista: http://espectroautista.info/
A continuación veñen dúas completas guías de orientación para familias e educadores sobre como comezar a afrontar estas necesidades educativas especiais. Conteñen recursos e orientacións básicas, sendo estas moi completas.
No blogue Iautism.info temos unha grande colección de aplicacións para Tablets e Smartphones orientadas a nenas e nenos con TEA. As aplicacións están en diferentes categorías, primeiro diferenciando o sistema operativo (iOS/Android), pero despois segundo a súa orientación pedagóxica, sendo estas: xogos, terapias da linguaxe, do aprendizaxe, de xestión de quendas, etc... Algunhas serán de pago, pero outras moitas serán completamente gratuítas.
Debido ao grande número de aplicacións dispoñibles, deixaremos a súa análise para un artigo posterior, e a modo de exemplo falaremos dunha delas: iSecuencias.
Nesta aplicación de aprendizaxe disporemos de 100 secuencias, a modo de fichas, onde a nena ou neno terá que adiviñar que ocorrerá despois na secuencia. As áreas que traballa son: eventos lúdicos, como ir á praia ou ao cine, hábitos de autonomía persoal, situacións cotiás e recoñecemento de emocións.
Un gran blogue divulgativo Tratamento para o autismo: todo o que precisas saber, con artigos, novidades e experiencias para familias e educadores.
Outro gran blogue onde podemos atopar interesantes recursos é Aulautista, un rencuncho onde disporemos de novas e eventos sobre autismo, ademais de aplicacións e programas relacionados con este área.
Por último, non hai que esquecer a ferramenta xa analizada, e-Mintza, o Sistema de comunicación aumentativo dirixido a persoas con autismo.