Recursos educativos para nenas e nenos con trastornos do espectro autista (TEA)

Miniatura de aplicación para tableta

 

¿Que entendemos por autismo?

O autismo é un trastorno do neurodesenvolvemento de aparición moi precoz. Aparece por norma xeral nos tres primeiros anos de vida. Nun concepto amplo, os Trastornos de Espectro Autista (TEA) inclúen todas as formas de autismo, dende as máis leves ás máis severas. Nestes trastornos obsérvanse alteracións nas seguintes áreas:

 

  • Alteración cualitativa na interacción social.
  • Alteración da linguaxe, a comunicación e o xogo.
  • Alteración da conduta, cun déficit expresado por un repertorio limitado de intereses e actividades, estereotipos e perseveranza.

 

Os programas educacionais para nenas e nenos con autismo enfócanse en mellorar as destrezas necesarias para a comunicación, a conduta académica e social, así como aquelas destrezas necesarias para a vida diaria.

 

Como percibe o mundo unha persoa con Autismo

 

Academia de especialistas, curta de animación sobre as capacidades especiais das persoas autistas

 

 

Recursos educativos de apoio

As TIC nos permiten facer uso de determinados recursos educativos nestes programas educacionais. A continuación vemos algúns destes elementos:

 

1 Navegador seguro ZAC Browser

 

ZAC é o primeiro navegador web desenvolvido especificamente para nenas e nenos con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), tales como o Síndrome de Asperger, Trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TGD), trastorno de Rett, trastorno desintegrativo da infancia, etc...

 

Presenta unha interface segura orientada a rapazas e rapaces con dificultades de interacción social. Pódese descargar gratuitamente en ordenadores e tablets, xa que emprega tecnoloxía de Adobe Air.

 

Captura del interfaz Zac Browser

 

Resulta unha ferramenta moi visual, con contidos preseleccionados. As actividades e vídeos incluídos son moi educativas, pero pódense configurar segundo os gustos e necesidades de cada nena ou neno.

Captura del interfaz Zac Browser

Zac inclúe tamén unha rede social: www.zacsocial.com, onde pais, nais e educadores poden compartir experiencias, dúbidas e recursos.

Sitio web de Zac Browser: http://zacbrowser.com/

 

2 Colección de tests interactivos de valoración

 

Neste caso trátase dun sitio web que permite a realización de diferentes tests de valoración de trastornos relacionados cos TEA. Trátase dunha guía de información ou orientación. Permite realizar os tests a través da web ou descargalos para dispoñer deles sen conexión a Internet. O sitio tamén dispón de publicacións e guías de intervención educativa.

Captura del Sitio web Espectroautista.info

Sitio web Espectroautista: http://espectroautista.info/

 

3 Guías en PDF

 

A continuación veñen dúas completas guías de orientación para familias e educadores sobre como comezar a afrontar estas necesidades educativas especiais. Conteñen recursos e orientacións básicas, sendo estas moi completas.

M Guía para la integración del alumnado con TEA en Educación Primaria

Manual para los primeros 100 días

 

4 Aplicacións para Tablets e Smartphones

 

No blogue Iautism.info temos unha grande colección de aplicacións para Tablets e Smartphones orientadas a nenas e nenos con TEA. As aplicacións están en diferentes categorías, primeiro diferenciando o sistema operativo (iOS/Android), pero despois segundo a súa orientación pedagóxica, sendo estas: xogos, terapias da linguaxe, do aprendizaxe, de xestión de quendas, etc... Algunhas serán de pago, pero outras moitas serán completamente gratuítas.

 

Debido ao grande número de aplicacións dispoñibles, deixaremos a súa análise para un artigo posterior, e a modo de exemplo falaremos dunha delas: iSecuencias.

Presentación de la aplicación para iOS y Android: iSecuencuas

Nesta aplicación de aprendizaxe disporemos de 100 secuencias, a modo de fichas, onde a nena ou neno terá que adiviñar que ocorrerá despois na secuencia. As áreas que traballa son: eventos lúdicos, como ir á praia ou ao cine, hábitos de autonomía persoal, situacións cotiás e recoñecemento de emocións.

Captura de una actividad de iSecuencuas

 

 

5 Outros recursos

 

  • Un gran blogue divulgativo Tratamento para o autismo: todo o que precisas saber, con artigos, novidades e experiencias para familias e educadores.

  • Outro gran blogue onde podemos atopar interesantes recursos é Aulautista, un rencuncho onde disporemos de novas e eventos sobre autismo, ademais de aplicacións e programas relacionados con este área.

  • Por último, non hai que esquecer a ferramenta xa analizada, e-Mintza, o Sistema de comunicación aumentativo dirixido a persoas con autismo.

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.