Xa está en marcha o novo DNI 3.0, que trae novas tecnoloxías e sobre todo unha serie de preguntas acerca da súa seguridade. Como acostuma a acontecer cos novos medios e tecnoloxías temos que considerar aquelas cuestións relacionadas sobre como garantir a seguridade e a privacidade. A característica principal deste DNI será facer uso da tecnoloxía NFC de maneira que pode comunicarse con outros dispositivos só por estar preto deles.
DNI 3.0 (Infografía)
O novo DNI está máis preparado que os anteriores para o seu uso a través de medios dixitais. Auméntase a capacidade do chip e se melloran os caracteres para a súa lectura a través de escáneres con caracteres OCR-B. Pero por ribade todo, destaca por incorporar a tecnoloxía NFC, que permite comunicación entre dispositivos próximos sen empregar cables a través de radiofrecuencia, de maneira que o DNI pode lerse dende smartphones e tablets. É dicir, deixarían de ser necesarios os clásicos lectores de DNI electrónico sustituíndoos por móbiles. Se ben, teremos que seguir recorrendo a novos lectores específicos se queremos facer uso deles en equipos de sobremesa e portátiles. En teoría, todas estas melloras facilitan o seu uso en servizos telemáticos como administración electrónica, aeroportos, recoller paquetes, ou mesmo trámites sanitarios. Se ben, son posibilidades, pois para a maioría de trámites aínda non o teremos dispoñible. No futuro tamén está previsto facer unha actualización similar nos pasaportes. ¿Pero que implicacións de seguridade ten esta tecnoloxía? ¿Poderían ler os nosos datos a distancia?
¿Seguridade?
O seguinte vídeo aclara un pouco as principais dúbidas sobre o uso deste novo DNI. A través de varias capas de seguridade, sobre todo co uso da chave de acceso única (CAN ou Card Access Number) que permite controlar a lectura de datos dende dispositivos de terceiros, que terían que estar moi preto do documento e con acceso físico a este identificador. Para outras operacións ademais inclúese un código PIN, nunha capa de seguridade a maiores. Se ben, isto tamén relentiza os trámites, teríamos case a mesma seguridade que á hora de pagar cunha tarxeta de crédito ou débito. Tamén respecto a barridos que leran os datos de infinidade de personas a distancia, por exemplo nunha manifestación ou nun centro comercial. O uso de CAN, PIN e as limitacións de distancia para que funcione esta tecnoloxía, nos manterían protexidos. Sempre teoricamente.
Para obter máis información, pódese consultar o artigo de Diario Turing: "O novo DNI non está deseñado para identificar cidadáns a distancia".