Xa está en marcha o novo DNI 3.0, que trae novas tecnoloxías e sobre todo unha serie de preguntas acerca da súa seguridade. Como acostuma a acontecer cos novos medios e tecnoloxías temos que considerar aquelas cuestións relacionadas sobre como garantir a seguridade e a privacidade.
¿Cales son as principais opcións para pagar á hora de mercar por Internet? O pagamento con tarxeta ou transferencia son coñecidos e habituais, pero outros tipos de transaccións como Paypal, pagar con Bitcoins ou mesmo pagar dende o móbil son outras posibilidades.
Nova revista online gratuíta de Gabit "Seguridade e privacidade na Rede" con artigos interesantes sobre como manter a nosa privacidade e garantir uns mínimos de seguridade á hora de usar Internet.
Google pode amosarnos canta información hai de nós mesmos publicada en Internet. Nunha infografía vemos por que deberíamos facer comprobacións desa información periodicamente.
A pesares das súas moitas vantaxes, hai que ter conciencia de que o uso das TIC non está exento de riscos, sobre todo para os máis pequenos. Cada día son máis frecuentes os casos de ciberacoso, roubo de datos persoais, ou suplantación de identidade, entre outros moitos. Para mellorar esta seguridade é fundamental educar en seguridade, e para iso publicamos hoxe unha serie de suxestións para todos os que deben participar deste proceso, pais, profesores e os propios nenos e nenas.
Todos estamos fartos de que nos cheguen invitación de aplicacións a Facebook. O certo é que cada vez hai máis, de máis tipos e algunhas ata poden resultar interesantes. Estas aplicacións acostuman a pedir permiso para acceder á túa información persoal, e non todas son seguras polo que hai que ter coidado co que se instala.
As cookies e a caché gardan os datos da sesión ou datos asociados ás páxinas que estamos visitando. Pode ser que estes datos estean corruptos e se nos amose mal unha páxina ou ben queramos eliminar rexistro de a que accedemos ou que páxinas temos visitado, se por exemplo estamos nun ordenador que non é o noso. Tamén pode darse o caso de que simplemente queramos facer algo de limpeza, e estes arquivos son bos candidatos. O problema ven de que cada navegador faino dende opcións diferentes, sendo as máis habituais:
1 Se estás empregando Firefox
Ou ben: