Como pagar ao mercar por Internet

 

Pagos online

 

¿Cales son as principais opcións para pagar á hora de mercar por Internet? O pagamento con tarxeta ou transferencia son coñecidos e habituais, pero outros tipos de transaccións como Paypal, pagar con Bitcoins ou mesmo pagar dende o móbil son outras posibilidades.

 

 

Principais opcións para pagar a través de Internet

As principais opcións que temos á hora de pagar algo que mercamos por Internet son:

  • Tarxeta. A forma máis utilizada de pagar por Internet é empregando unha tarxeta de crédito ou débito. Equivale a pagar nunha tenda a través dun TPV ou terminal físico, pero facéndoo a través dun navegador. Por motivos de seguridade, pode ser recomendable ter unha tarxeta específica para este tipo de transaccións, limitando o seu saldo, ou mesmo recorrer a tarxetas específicas para Internet que poden levar medidas de seguridade extra como pode ser enviar códigos de verificación ao móbil para autorizar os pagos.
  • Transferencia. Esta opción non está sempre dispoñible, pero evitaría a transmisión de datos bancarios por Internet. Se ben, complícanse os procesos de compra polo feito de ter que verificar as transferencias, xa que o pagamento non é inmediato.
  • Pago contra reembolso. Unha opción que acostuma conlevar un custe engadido, pois o comprador non realiza o pagamento ata recibir o pedido, por tanto ese custe a maiores compensaría unha posible devolución do mesmo. Non existe transferencia de datos bancarios e non se paga ata recibir o produto, polo que é moi seguro para o comprador.
  • Paypal. Neste caso un terceiro actúa como intermediario: a empresa Paypal. O pagamento faise ao momento, e o intermediario da garantías a ambas partes en caso de disputas ou discusións sobre a compra. Require que tanto o comprador coma o vendedor teñan conta no servizo, cuns custes de mantemento asociados que se xustifican nesa garantía extra nas transaccións. Todos os datos bancarios necesarios na transferencia son protexidos polo intermediario.
  • Moedas virtuais. Este tipo de moedas, como a coñecida Bitcoin poden empregarse para realizar pagamentos dende calquera dispositivo, existindo apps que permiten facelo dende o móbil. O funcionamento habitual nas moedas virtuais é que teñamos como unhas carteiras virtuais cunha determinada cantidade de saldo, de xeito que actuarían como tarxetas moedero. Aínda que os xestionamos cun programa non se atopan nun servidor coma no caso dos bancos, senón que fisicamente seremos os propietarios dos arquivos e por tanto os contrasinais e a seguridade serán aspectos moi a ter en conta. As transaccións teñen lugar cun sistema P2P que fai que sexan públicas, pero que á súa vez garante que as transaccións sexan seguras. Como son moedas á marxe de terceiros, podemos dispoñer delas sen penalización noutros paises, permitindo transaccións entre dúas persoas sen intermediarios.
  •  

    Vídeo de introdución á moeda virtual Bitcoin.

     

  • Pagos co móbil. Os pagos dende o móbil poden facerse do mesmo xeito que dende outro dispositivo, segundo calquera dos métodos xa comentados. Tan só requiren dunhas consideracións de seguridade máis importantes, pois temos que ter en conta que, sobre todo cando non accedemos dende a nosa casa, seremos máis vulnerables ante roubos de datos. Por outra banda, no mundo do comercio electrónico están aparecendo novos formas de transaccións que aproveitan a actual capacidade dos Smartphones para facilitar aos vendedores empregalos como TPV ou ben aos compradores realizar os pagamentos dende o móbil, como se este fora unha tarxeta de débito ou crédito. O único que haberá é que achegar a escasa distancia do terminal de pago o dispositivo. Con só poñelo a uns centímetros, grazas a tecnoloxías coma NFC poderemos facer un pago directo. Unha app do estilo de Google Wallet levará conta dos cartos que portamos na nosa carteira virtual, asociada a unha conta de usuario, deste xeito será ademais transferible entre varios dispositivos.

 

Medios de pagamento

 

 

Vantaxes e desvantaxes das principais formas de pago

 

Vantaxes e desvantaxes das principais formas de pagamento online

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.