As cookies e a caché gardan os datos da sesión ou datos asociados ás páxinas que estamos visitando. Pode ser que estes datos estean corruptos e se nos amose mal unha páxina ou ben queramos eliminar rexistro de a que accedemos ou que páxinas temos visitado, se por exemplo estamos nun ordenador que non é o noso. Tamén pode darse o caso de que simplemente queramos facer algo de limpeza, e estes arquivos son bos candidatos. O problema ven de que cada navegador faino dende opcións diferentes, sendo as máis habituais:
1 Se estás empregando Firefox
-
Fai clic no menú Ferramentas.
-
Selecciona Limpiar datos privados… .
-
Selecciona as casiñas de verificación Cookies e Caché.
-
Fai clic en Limpar datos privados ahora.
Ou ben:
-
Fai clic no menú Ferramentas.
-
Selecciona a pestana Opcións avanzadas.
-
E no apartado de "Contido web en caché" premer en Limpar agora.