Suxestións

Póster con recomendacións para a aula de informática

Dispositivos en el aula

No seguinte póster recóllense 8 recomendacións básicas para estudantes e educadores para o día a día na aula de informática ou á hora de traballar con dispositivos informáticos. Son unha serie de suxestións rápidas e útiles que axudan a mellorar a convivencia no centro e permiten prolongar a vida útil dos equipos.

 

Infografía con recomendacións diarias para a aula de informática




Axuda rápida: Ctrl + T para abrir unha nova pestana no navegador

 

Este atallo de teclado consiste en premer simultaneamente as teclas Control e T para abrir unha nova pestana do navegador. En moitas ocasións atopámonos nunha páxina e queremos realizar unha busca ou outro acceso e o xeito máis doado é abrir unha nova pestana, e mellor facelo dende teclado Para acceder a esta función este atallo pódenos aforrar tempo.

 

 

Axuda rápida:  Ctrl + T para abrir unha nova pestana no navegador

 




Axuda rápida: Ctrl + F para buscar nunha web ou documento rapidamente

 

Este atallo de teclado consiste en premer simultaneamente as teclas Control e F para buscar un texto nunha web ou documento sen ter que ir á opción de menú "Editar > Buscar". Buscar nun documento é una das operacións que máis se realizan cando buscamos en Internet pois nos permite localizar un texto de forma automática e sen dar pé a erros. Para acceder a esta función este atallo pódenos aforrar tempo. Nalgún programa pódese empregar un atallo alternativo, ou derivado da tradución sendo por exemplo: Control+B (en español e galego: Buscar) en lugar de Control+F (en inglés: Find).

 

 

Axuda rápida: Ctrl + F para buscar nunha web ou documento rapidamente

 




Axuda rápida: Ctrl + S para gardar un documento ou web rapidamente

 

Este atallo de teclado consiste en premer simultaneamente as teclas Control e S para gardar un documento sen ter que ir á opción de menú "Gardar". Gardar é unha das operacións que realizamos máis a cotío (ou deberíamos) e este atallo nos pode aforrar moito tempo. Este atallo nos válenos tanto para documentos que esteamos editando como para páxinas web, e funcionará no 90% dos programas. Algún software propietario pode definir un atallo alternativo, ou derivado da tradución sendo nese caso Control+G (en galego: Gardar) en lugar de Control+S (en inglés: Save)

 

 

Axuda rápida: Ctrl + S para gardar un documento ou web rapidamente

 




¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)

 

Infografía: Búscate a ti mesmo en Google

 

Google pode amosarnos canta información hai de nós mesmos publicada en Internet. Nunha infografía vemos por que deberíamos facer comprobacións desa información periodicamente.

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.