As vantaxes do uso das novas tecnoloxías hoxe en día son evidentes, pero supoñen un cambio respecto aos nosos hábitos pre-Internet. Estudos recentes empezan a sinalar diferentes formas nas que está afectando á memoria pero tamén á activación de certas zonas do cerebro en detrimento doutras, sobre todo en persoas que fan un uso intenso rozando o adictivo. A seguinte infografía amosa un exemplo para o caso concreto de Google e o conxunto de servizos que nos ofrece.
No modelo educativo pre-Internet a memorización era unha parte esencial do mesmo, hoxe principalmente por motivos pedagóxicos empézase a aceptar que se trata dun enfoque menos beneficioso que a aprendizaxe procedimental ou a adquisición de competencias. A memorización de datas, fórmulas e definicións perde aínda máis sentido cando Internet pódenos proporcionar a resposta cun clic.