Onte víamos como funcionaba a rede social Pinterest e como nos permitía elaborar taboleiros de marcadores visuais, onde ir facendo coleccións de contidos con imaxes representativas.
A punto de despedir o 2013, facemos unha achega sobre a ferramenta de comunicación que fai que nos comuniquemos con vos agora mesmo: Internet. Achegamos unha infografía que fai un resumo dos principais eventos da historia desta auténtica revolución tecnolóxica que nos ofrece Trustly.
A pesares das súas moitas vantaxes, hai que ter conciencia de que o uso das TIC non está exento de riscos, sobre todo para os máis pequenos. Cada día son máis frecuentes os casos de ciberacoso, roubo de datos persoais, ou suplantación de identidade, entre outros moitos. Para mellorar esta seguridade é fundamental educar en seguridade, e para iso publicamos hoxe unha serie de suxestións para todos os que deben participar deste proceso, pais, profesores e os propios nenos e nenas.
Dabbleboard é unha aplicación que nos ofrece as características básicas dun encerado dixital.
Tema do curso da "Televisión Educativa na Web 2.0" con ferramentas para edición de vídeo.
Widbook, é unha nova aplicación 2.0 que nos permite elaborar libros en liña. Ten o formato de rede social, nun modelo que sería unha rede social de autores, onde podes seguir a determinados autores, enviar mensaxes, ou facer comentarios das obras, integrado con outras redes sociais xenéricas, como Facebook, Twitter, ou Pinterest.