¿Podemos obter libros ou ebooks gratuítos e libres para traballar con eles na aula?
Un dos complementos que temos hoxe en día dispoñible son os libros en formato electrónico ou ebooks. Aínda que moitos lectores incorporan os seus propios formatos ePUB, Mobi, PDF, ... existen aplicacións que nos permiten facer conversións, de xeito que podamos dispoñer de calquera ebook nos nosos dispositivos de lectura. Existen ademais diferentes directorios de libros que poden descargase libremente e de xeito gratuíto, pois publícanse con licenzas de libre distribución. A continuación presentamos os máis recomendables:
OpenLibra
Biblioteca libre con publicacións con licenzas Copyleft ou Creative Commons. Dispón dun número medio de libros e presenta unha interfaz clara, con buscador e directorios por categorías. Os libros están en formato Pdf e son publicacións recentes, ademais a web está en español.
OpenLibra: http://www.etnassoft.com/bibli
Proxecto Gutenberg
Biblioteca libre con preto de 45000 obras de todo o mundo. Neste caso se trata de obras cuxo Copyright xa expirou e por tanto pódense distribuír libremente. Obviamente non atoparemos obras moi recentes. Permite descargar en diferentes formatos. A interface está en inglés e portugués.
Proxecto Gutenberg: http://www.gutenberg.org
24 Symbols
Aínda que neste caso se trata dun sitio comercial, ten unha sección gratuíta que permite ler completamente algúns libros, iso si con publicidade. O sitio está en español e ten unha interfaz moi intuitiva. Require rexistro, pero este faise moi rápido.
Sección libre de 24 Symbols: http://www.24symbols.com/editi
epubBooks
Sitio web especializado en libros para Ebooks, Smartphones e Tablets. Dispón dunha ampla sección de títulos gratuítos cunha parte en español. A busca permite diferentes categorías filtrando polas publicacións gratuítas.
Sección libre de epubBooks: http://www.epubbooks.com/
Books should be free
Aínda que polo título semella ser un sitio exclusivo en inglés, permite buscar libros en español de xeito doado, se ben en pequena cantidade.
Books should be free: http://www.booksshouldbefree.c
De propina
Por último engadimos unha ligazón a un directorio de sitios para descarga de ebooks en inglés, con 50 webs máis con libros/ebooks descargar. Iso si, nestes sitios a maioría dos libros van ser en inglés, pero para determinadas materias iso non será problema.
Edubloggery: http://edubloggery.com/50-plac
Agardamos que vos sexan de utilidade!