¿Que é Pinterest?

 

Infografía

 

Pinterest é unha rede social que permite aos usuarios crear taboleiros de contidos, a partir de imaxes ou ligazóns. Desta forma podemos revisar os contidos dos nosos taboleiros ou os doutros usuarios de forma moi áxil e visual.

 

Ao ver un taboleiro, aparece cada contido, marcador, ou “pin” cunha imaxe descritiva, o que nos axuda moito a identificar cada un dentro da súa colección. Esta funcionalidade resulta moi proveitosa para crear páxinas de produtos ou de recursos educativos, sendo válida en proxectos de marketing ou educativos.

 

Resulta unha web moi doada e intuitiva de empregar, o que fai que creza a gran velocidade no tocante a número de usuarios.


Captura de Pinterest


 

A posibilidade de facer taboleiros privados, fai que nos serva tamén como un sistema de bookmarking ou de almacenamento de ligazóns para o noso propio uso ou en proxectos colaborativos.

 

¿Como funciona?

Ao acceder a un taboleiro vemos a diferente información destacada coa súa imaxe nos diferentes "pins" ou marcadores:

Gráfico de marcadores o pins en Pinterest

Premendo sobre cada marcador ou "pin" accederemos ao sitio web onde aparece, vendo así a información ampliada:

Gráfico de acceso a una web pulsando en un marcador o pin en Pinterest

Facer "pin" para gardar un contido é moi sinxelo. Moitos sitios web incorporan botóns para facelo, pero tamén podemos engadilos dende un dos nosos taboleiros ou cun botón que se pode instalar en calquera navegador.

 

 

 

Gabit dispón do seu propio taboleiro de Pinterest, convidámoste a seguirnos!

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.