Xogos populares e tradicionais (III)

 

 

Xogo tradicional

 

 

Terceira entrega da serie de xogos tradicionais galegos. Colección de xogos e actividades para os máis pequenos que serven tanto para facer un pouco de exercicio como para pasar un ratiño divertido.

 

 

A Raia ou Mariola

A Raia ou Mariola<A Raia, tamén chamado a Mariola, Tella ou Pedra, é un xogo de brincar ou saltar, onde se traballa a coordinación. É un xogo para xogar o aire libre para o que cómpre debuxar na terra cun pao ou cunha xiz noutra superficie un debuxo con varios cadros e formas. Tamén se precisa dunha pedra ou tella para cumprir co obxectivo do xogo, que será ila levando por todos os cadros. Cada xogador bota a tella ou pedra no primeiro recadro e irá levándoa de recadro en recadro á pata coxa, sen que o pé ou a tella toquen as raias. Cómpre seguir a orde dos cadros e non saltarse ningún. Se algún xogador comete un erro, como pisar unha raia ou apoiar os dous pés, queda eliminado, dando paso a outra persoa. Gañará o primeiro que complete o percorrido coa tella.

 

 

A mula

A mula

A mula ou "Ao de nada" é unha variante dos xogos das lombas, onde hai que saltar sobre un xogador que apanda. Coma nas lombas, o que apanda agáchase flexionando o tronco. Cada compañeiro/a que salte sobre el terá que berrar unha frase e facer os movementos correspondentes á mesma. Cada frase obrigará a saltar de maneira distinta. Hai moitas variantes deste xogo, mudando as frases e os tipos de saltos. Estes serían algúns exemplos:

  1. Á unha salta a mula. Sáltase sobre o compañeiro/a apoiando as mans no seu lombo.
  2. Ás dúas douche unha couce. Sáltase sobre o compañeiro/a zoscándolle co talón no cu.
  3. Ás tres, o santo André. Saltar facendo a cruz, coas pernas e brazos abertos.
  4. Ás catro, pego un salto. Saltar dando co cu no lombo do que apanda.
  5. Ás cinco, pego un brinco. Saltar sen empregar as mans.
  6. Ás seis, comen os reis. Saltar beliscando no lombo ao que apanda.

... e así ata calquera número según a variante 7, 9, 23, etc. Ao rematar o que salta ten que saír correndo pois o que apanda pode botar a correr e se colle a outro xogador/a pasará a apandar el ou ela.

 

 

A cometa

A cometaAs primeiras cometas das que hai constancia aparecen en China polo 1200 a.c., son xoguetes liviáns que poden voar coa forza do vento manténdose en terra cunha corda. Hoxe en día hai mesmo competicións de cometas, sendo considerado incluso como deporte. Para poñela a voar o normal é botala para atrás e poñerse a correr, co cal ao coller velocidade irá ascendendo. Logo haberá que mantela no aire manobrando coa corda e pouco a pouco ir compensando e xogando co vento para mantela alí. O material necesario é loxicamente a cometa, pero hainas de moitos tipos e prezos, polo que pode resultar moi asequible. Tamén pode facerse unha cunhas variñas, un pouco de fío e papel, elixindo a forma e as cores. Por exemplo: Titorial para facer unha cometa.

Por último, cómpre lembrar que sempre que haxa xoguetes con cordas e rapaces, hai que ter especial coidado con que non se enreden cos fíos da cometa. Así mesmo, por seguridade, o mellor é evitar días de tormenta, e xogar en terreos onde estean o máis seguros que sexa posible.

 

 

Referencias

 

 

A colección

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.