Xogos populares e tradicionais (II)

 

Xogo tradicional

 

 

Segunda entrega da serie de xogos tradicionais galegos. Colección de xogos e actividades para os máis pequenos que serven tanto para facer un pouco de exercicio como para pasar un ratiño divertido.

 

 

Xogos co peón: Bailar na man

Xogos co peón: Bailar na manO peón, como as bolas, permite realizar un grande número de xogos distintos. O material necesario e o peón, un xoguete feito de madeira torneada que ten na punta un cravo sobre o que pode xirar. O peón ten moitos máis nomes, dependendo da zoa coma: trompo, pión, peonza, etc. Ademais do peón cómpre unha corda ou piola que se enrolará sobre o corpo do peón e permitiranos facelo xirar ao tirar dela.

Un dos xogos máis sinxelos, aínda que difícil de realizar, consiste en facer bailar o peón maténdoo na man o maior tempo posible. A man fai de base e tírase da corda lateralmente, compensando as oscilacións con pequenos movementos da man. Neste xogo poden participar varios rapaces e rapazas, mirando de ver quen aguanta máis tempo xirando o peón.

 

 

Xogos da corda: A corda de tres

Xogos da corda: A corda de tres

Os xogos da corda tamén teñen moitas variantes e permiten que participen varios rapaces e rapazas para facer máis entretido o xogo. Trátase de que o saltador brinque sobre a corda no momento en que esta toque o chan. Un dos xogos de corda máis vistosos é a corda a tres, onde dúas persoas dan voltas á corda, mentres unha terceira salta. Cando se comete un erro ao saltar, por exemplo enrédase ou toca a corda, a que salta deixalle o sitio a outra persoa e pasa a dar a corda. Quen bote máis tempo ou voltas da corda saltando gañará o xogo.

Para manter o ritmo estes xogos acostuman acompañarse dunha pequena cantiga, como por exemplo "Un cocherito, leré". "Unha, Dole", "Arrenrén", ou "Vai chegar un barco". Este tipo de cancións teñen un ritmo axeitado que se adapta ao xiro de corda da actividade, aínda que en moitos casos tamén acaban sendo cantigas inventadas polos propios nenos e nenas.

 

 

Xogos de pelota: Pés quietos

Xogos de pelota: Pés quietosCunha pelota se poden facer máis xogos que os sempiternos fútbol e baloncesto. Un exemplo de xogos coa pelota é o de pés quietos. O xogo consiste en que todos os participantes se coloquen en círculo e comecen a pasarse a pelota uns a outros ao chou buscando coller a alguén despistado. Cando a algún dos xogadores lle cae a pelota, o resto escapa o máis rápido que pode. Cando ao que lle cae a pelota a agarra de novo berra: "Pés quietos" e todos quedan parados onde lles cadrou. O que ten a pelota pode avanzar tres pasos e lanzarlla ao que teña máis próximo, ou a quen lle apeteza. Se lle da ao outro xogador, apandará, e terá que coller a pelota mentres o resto se afastan, repetíndose o proceso. Cando a un xogador lle atina a pelota en tres ocasións quedará eliminado.

Cando os xogadores están cos pés quietos, poden moverse para evitar que lles dea a pelota, pero sen mover os pés do chan.

 

 

Referencias

  • Chirlomirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Do autor Antón Cortizas. Ficha do libro en Amazon.
  • Portal do Profesor. Do goberno de Brasil. Imaxes e descrición dos xogos equivalentes en Brasil e Portugal. Sitio web oficial.

 

 

A colección

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.