Uso actual dos Smartphones (Infografía)

 

Uso Smartphones

 

Neste artigo amósase a través de dúas infografías o impacto actual que o uso dos teléfonos intelixentes ou smartphones ten a nivel mundial no que respecta a hábitos e uso de Internet e na segunda o impacto dos mesmos en países en vías de desenvolvemento fundamentalmente como forma de superar a fenda dixital entre países a nivel mundial.

 

 

Infografía

A infografía amosa a elevada presenza de teléfonos intelixentes en todo o mundo, tendo en conta que se trata de dispositivos de moi recente aparición. Por outro lado, destaca como xa indicamos noutros artigos a preponderación dos sistemas operativos móbiles Android e iOS, nesa orde, sumando entre os dous o 82% de todos os dispositivos. Tamén destaca o uso de Internet que se está facendo a través dos mesmos, sobre todo para acceder a buscadores, redes sociais e comercio electrónico. Ademais actualmente a navegación móbil supera xa a navegación en equipos de escritorio. Evidentemente trátase dun impacto altístimo, sobre todo considerando que a auxe destes dispositivos é moi recente. Dende o noso punto de vista, quizais a maior discrepancia coa información da infografía sexa á hora de valoralos como dispositivos onde é difícil a aprendizaxe, pois sobre todo no referente ao uso de tablets estanse conseguindo bos resultados ao respecto, nas metodoloxías englobadas no mLearning. (Como por exemplo este estudo de Relpe ou o Proxecto mLearning da EOI)

 

Infografía Análise uso Smartphones

 

 

Infografía

Outro punto a destacar, é o do impacto que están tendo os smartphones nos países con menor presenza de novas tecnoloxías e acceso a Internet, onde grazas ao uso destes teléfonos o número de persoas con acceso a Internet multiplicouse por dous en 5 anos. Estes dispositivos poden por tanto axudar a reducir a fenda dixital entre países, permitindo a cada vez máis persoas acceder a Internet.

 

Infografía Smartphones para quebrar a fenda dixital

 

 

 

Se che gusta este tema e queres coñecer máis cousas sobre o aprendizaxe móbil ou Mobile-Learning, recomendámosche o eBook "Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación":

Portada do ebook Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación

Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2023, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.