Educación

mLearning: Traballo colaborativo, PLN e Redes sociais

 

Captura presentación

 

Contidos:

  • Introdución ao traballo colaborativo en mLearning.
  • Ferramentas para traballo colaborativo.
  • PLN: Aprendendo en rede.
  • Apps para redes sociais.
  • PLN da aula.

 

 




mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios

 

Captura presentación

 

Contidos:

  • Avaliación con e-portfolios.
  • Rúbricas de aprendizaxe.
  • Ferramentas de avaliación nos LMS.
  • Moodle Mobile.

 

 




¿Que son os portafolios electrónicos ou e-portfolios?

 

e-portfolios

 

e-Portfolios

Dentro das moitas definicións do que sería un e-portfolio, a máis sinxela viría de que un e-portfolio ou portafolio electrónico non sería máis que unha colección de notas, documentos, imaxes, vídeos e resolucións de tarefas e exercicios que rexistra o traballo realizado por un estudante, usuario ou grupo de traballo.

O ámbito de aplicación dun e-portfolio varía segundo o propósito para o que o queiramos considerar, poderíamos estendelo ao currículum vítae dunha persoa, a un percorrido a través do seu perfil académico ou profesional, ou ben concretalo para unha ensinanza, materia, ou mesmo para un único proxecto de traballo ou actividade. Temos total liberdade de aplicación.




mLearning: Xestionando a información

 

 

Captura presentación

 

Contidos:

  • Introdución ao problema de infoxicación e a necesidade de xestionar correctamente a información.
  • Subscrición de contidos.
  • Marcadores sociais.
  • Curación de contidos.

 

 




¿Que é Scoop.it!? (Curación de contidos)

 

Curación de contidos

 

A función de curación de contidos consiste en seleccionar aqueles contidos máis relevantes e agrupalos, para acceder a eles de maneira conxunta ou compartir de novo pero a través da nosa selección. Deste xeito podemos seleccionar os recursos web que nos parezan máis interesantes sobre un tema para incluír nun panel ou taboleiro e compartilos con outras persoas ou ter unha colección de recursos seleccionados por nós sempre a man.




mLearning: Construíndo o noso PLE

 

 

Captura presentación

 

Contidos:

  • Introdución ao traballo na nube e aos PLE.
  • Aplicacións ofimáticas e de produtividade.
  • Ferramentas para deseñar un PLE.
  • Deseño dun PLE para a aula.

 

 




A subscrición de contidos (RSS/Atom)

 

 

Subscrición de contidos

 

A subscrición de contidos nos permite filtrar e recibir información. Podemos seleccionar as páxinas que nos parezan máis interesantes e dese xeito engadilas nun xestor de subscricións que nos informará de todas as novas publicacións nesas páxinas sen necesidade de ter que ir unha por unha comprobando diariamente se houbo novidades.




Introdución ao Mobile-Learning (Presentación)

 

Captura presentación

 

Presentación de introdución ao Mobile-Learning. Amosa as súas principais características, o modelo BYOD, os principais sistemas operativos móbiles e indicacións sobre como instalar aplicacións a través das tendas de aplicacións ou App Stores.

 

 




Póster con recomendacións para a aula de informática

Dispositivos en el aula

No seguinte póster recóllense 8 recomendacións básicas para estudantes e educadores para o día a día na aula de informática ou á hora de traballar con dispositivos informáticos. Son unha serie de suxestións rápidas e útiles que axudan a mellorar a convivencia no centro e permiten prolongar a vida útil dos equipos.

 

Infografía con recomendacións diarias para a aula de informática





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.