Recomendamos o libro "Arquitectura de Sistemas de Información, un enfoque real baseado na experiencia", unha guía que busca ofrecer un punto de vista real á hora de como deseñar un Sistema de Información. Aporta un punto de vista novo cunha perspectiva baseada na experiencia buscando ofrecer solucións prácticas a problemas reais lonxe dos habituais modelos utópicos. Hoxe en día ,ante a complexidade e heteroxeneidade dos sistemas cómpre ter coñecemento dun grande número de tecnoloxías, patróns de deseño e arquitecturas para poder adoptar as mellores solucións a cada problema e situación. Tratáse dun manual moi técnico, que será de gran axuda a profesionais do sector: enxeñeiros en informática, na preparación de oposicións de informática, estudiantes universitarios e de posgraos, así como docentes de secundaria e ciclos da especialidade de informática. Os principais temas que aborda o libro son:
Publicación do Tema 27 - Arquitectura das redes Intranet e Internet
Publicación do Tema 27 - Arquitectura das redes Intranet e Internet, dentro do temario de referencia elaborado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para as oposicións 2011/2012 de acceso ao grupo A1 dentro da escala de Sistemas e Tecnoloxía da Información.
Neste tema inclúense os seguintes apartados:
Tema 27. Arquitectura das redes intranet e internet: concepto, estrutura e características. A súa implantación nas organizacións.
27.1. Introdución e conceptos
27.2. Internet
27.3. Intranet/extranet
27.4. Implantación de redes en organizacións
27.5. Esquema
27.6. Referencias
Pode acceder ao temario completo dende a páxina oficial da EGAP para temarios de oposición.