En Android dispoñemos dunha serie de aplicacións que nos poden resultar útiles como complemento ao realizar actividades deportivas ou durante a clase de Educación Física. Estas aplicacións permitirannos empregar os nosos dispositivos móbiles como ferramentas de medición e monitorización da actividade, empregalas como asistentes para a adquisición de hábitos saudables, como utilidades complementarias en deportes específicos ou simplemente para ocio e entretemento.
A competencia entre os principais navegadores ten un novo campo de batalla. Os smartphones e tablets entran na loita a través dos sistemas operativos ou plataformas para móbiles. Chrome, Firefox, Explorer, Safari e Opera compiten polos primeiros postos, pero hai moitos máis.
Todos sabemos facer unha busca típica en Google, é unha ferramenta moi sinxela. Pos un texto e premes en buscar (ou intro). Pero realmente o buscador déixanos facer buscas máis específicas a través dunha serie de opcións máis ou menos ocultas.
Na nova revista online gratuíta de Gabit "Historia" publicaranse artigos interesantes sobre a historia do noso mundo da prehistoria aos nosos días.
Nunha visión global da Educación a día de hoxe vemos como mentres en países desenvolvidos existe o que se podería considerar un sobre-exceso tecnolóxico, nos menos favorecidos dáse unha carencia perpetua de profesorado a pesar de que a Educación é unha das chaves para saír da pobreza.
Cada vez van aparecendo novas ferramentas para mellorar a nosa aprendizaxe e comunicación noutros idiomas, sobre todo para perfeccionar o noso inglés. A continuación veremos tres delas, que nos ofrecen novos enfoques e posibilidades.
Unha forma atractiva de crear materiais educativos para os máis pequenos ou simplemente pasar un bo rato entretido cos nosos fillos é crear un conto interactivo cunha historia imaxinada por nós mesmos.
Na nova revista online gratuíta de Gabit "Curiosidades e Misterios" publicaranse novas interesantes e que chaman a atención no mundo científico.
En artigos anteriores víamos que era Android e como instalar aplicacións neste sistema operativo destinado a dispositivos móbiles como Smartphones ou Tablets. A continuación veremos que aplicacións temos dispoñibles na categoría de Ofimática, o que nos permitirá levar a nosa oficina ou escritorio no móbil.