A publicidade en Internet cada vez é máis agresiva chegando en moitos casos a ser molesta. A moitos vos soará un banner (anuncio) dunha ruleta cun timbre que vai soando periodicamente para chamar a atención e aínda que ten un botón para silencialo pasado pouco tempo volve a dar a lata. Estes anuncios aparecen cada vez en máis páxinas web e blogs, pero sobre todo en servizos da Web 2.0 como Youtube.