FET é un programa de software libre para a elaboración de horarios de profesorado e alumnado en centros educativos tales como escolas, institutos ou universidades. Dispón dun algoritmo interno que permite xerar horarios automaticamente a partir dunha serie de regras que se poden configurar previamente. Distribúese baixo licenza GNU/GPL.
FET é un programa de moita calidade que supón unha moi boa alternativa de cara as actuais opcións dispoñibles no mercado, maioritariamente de pago.
FET permite crear horarios, resolvendo conflitos, controlando a execución e permitindo realizar cambios durante o curso. Permite configuración de aulas, espazos, actividades, grupos e subgrupos. Os datos e horarios gárdanse en formato XML e poden abrirse con OpenOffice, LibreOffice ou en formato texto.
Para a comunidade autónoma de Galicia presenta integración con sistema de xestión académica XADE a través da utilidade Xadehorarios, que permite importar datos do centro e exportar os horarios de volta a esa aplicación de xestión.