Como elaborar un documento con Google Docs versión móbil
Fronte á coñecida versión de escritorio de Google Drive, temos varias apps para o seu uso en dispositivos móbiles. Por exemplo para crear un documento de texto dispoñemos das apps Google Drive para xestionar os nosos arquivos na nube e Google Docs para editar e crear documentos de texto. Podemos instalar gratuítamente ambas aplicacións dende as tendas de aplicacións ou App Store correspondentes ao noso sistema operativo móbil.
A continuación podemos abrir a app Google Drive e teremos acceso aos nosos arquivos aloxados en Internet, e que podemos agrupar en cartafoles. En cada cartafol veremos os documentos dispoñibles, e nalgúns casos podemos ver unha pequena vista previa do seu contido(1). Premendo no menú lateral (2) teremos outros modos de acceso para ir directamente ao cartafol principal, documentos compartidos, aqueles cos que se traballou recentemente, os que foron subidos, etc.