Dende Gabit estamos empezando a optar por cambiar da distribución Ubuntu á Linux Mint. As recentes versións de Ubuntu acusan unha grande lentitude, aínda con contornos de escritorio livianos, como Gnome clásico ou Xfce. Se a isto sumamos erros nas actualizacións, publicidade na distribución (disimulada como iconos de Unity...), en fin... as queixas das que se están a facer eco usuarios por todo o mundo. Observando o actual ranking de Distros, teríamos así a cousa:
1. Linux Mint.
2. Debian.
3. Ubuntu
4. Mageia
5. Fedora
Ubuntu pasou do primeiro posto ao terceiro. Se ben, Debian sempre é unha opción atractiva pola súa estabilidade, nesta ocasión optamos por Linux Mint (versión 16), e temos que dicir que as primeiras impresións son moi favorables. Moito máis doado de configurar, lembra a versións de Ubuntu anteriores, precisamente as que o levaron ao primeiro posto de distros Linux. Destacaríamos sobre todo o gran rendemento en velocidade na xestión de ventás, minipunto para o contorno de escritorio Cinnamon.
Achegamos unha captura dun equipo recén configurado, ¿que vos parece?