Gedit

[Gnome] Buscar en múltiples arquivos con Gedit

Gedit é un dos editores máis potentes e rápidos que temos dispoñibles en linux, sendo o editor que ven de serie en Gnome. Deixa moitas opcións de configuración pero ademais permite instalar unha serie de plugins que aumentan as súas funcionalidades. 

 

Unha das cousas que se botan de menos é facer unha busca dunha cadea de texto sobre múltiples arquivos, por exemplo nunha carpeta para ver en cal deles se atopa o que buscamos.

 

A solución pasa por instalar un paquete de plugins chamado Gmate, que nos permite activar a busca. Antes de nada haberá que instalar os repositorios de Ubuntu On Rails pois están pensados para traballar con Ruby:

 

$ sudo apt-add-repository ppa:ubuntu-on-rails/ppa

$ sudo apt-get update

$ sudo aptitude install gedit-gmate

 

A continuación dende o Gedit en "Editar > Preferencias > Complementos" activamos os plugins "File Search" e "Find in files":

 

 

Activar plugins

 

A partir de aí, teremos un novo menú "Buscar > Find in files..." que nos permitirá buscar un texto indicándonos en que arquivos se atopou:

 

Buscando en arquivos con Gedit

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.