Nova revista online gratuíta de Gabit "Seguridade e privacidade na Rede" con artigos interesantes sobre como manter a nosa privacidade e garantir uns mínimos de seguridade á hora de usar Internet.
Na revista de Flipboard Seguridade e privacidade na Rede publicaranse artigos de Gabit e outros sitios web con artigos que se consideran interesantes dentro das seguintes temáticas:
- Seguridade informática. Seguridade en calquera tema relacionado coa informática e as TIC, con artigos sobre recomendacións e ferramentas para aumentar a protección dos nosos equipos, xa sexan de escritorio, notebooks ou móbiles.
- Privacidade en Internet. Publicacións de temática destinada a manter a privacidade das persoas no seu uso das TIC e sobre todo a través de Internet así como para evitar as posibles interferencias ou escoitas de terceiros.
- Outros: Ciberdelitos, Virus, Hacking, Malware, etc. Artigos sobre temas específicos relacionados cos dous anteriores, dende virus, troianos e outras ameazas á seguridade, pasando polos diferentes ciberdelitos que van aparecendo ou ter coñecemento básico de técnicas de hacking para coñecer a nosa exposición real cando nos conectamos a Internet.
Seguridade e privacidade na Rede
Podes buscarnos en Flipboard ou acceder vía web a través de Gabit, como prefiras. Lembra que con Flipboard é moi doado ler a revista dende calquera dispositivo, xa que é unha aplicación deseñada para tablets e móbiles de tipo smartphone que facilita enormemente a lectura das publicacións online.
Revista "Seguridade e privacidade na Rede": http://flip.it/5ztp9
Instalación de Flipboard: https://flipboard.com/