Como eliminar as Cookies e a Caché segundo o navegador

 

As cookies e a caché gardan os datos da sesión ou datos asociados ás páxinas que estamos visitando. Pode ser que estes datos estean corruptos e se nos amose mal unha páxina ou ben queramos eliminar rexistro de a que accedemos ou que páxinas temos visitado, se por exemplo estamos nun ordenador que non é o noso. Tamén pode darse o caso de que simplemente queramos facer algo de limpeza, e estes arquivos son bos candidatos. O problema ven de que cada navegador faino dende opcións diferentes, sendo as máis habituais:

 

1 Se estás empregando Firefox

  • Fai clic no menú Ferramentas.
  • Selecciona Limpiar datos privados… .
  • Selecciona as casiñas de verificación Cookies e Caché.
  • Fai clic en Limpar datos privados ahora.

 

Ou ben:

 
  • Fai clic no menú Ferramentas.
  • Selecciona a pestana Opcións avanzadas.
  • E no apartado de "Contido web en caché" premer en Limpar agora.

 

Limpar caché do Firefox

 

2 Se estás usando Chrome:

  • Fai clic na icona de chave inglesa.
  • Selecciona Ferramentas
  • Selecciona Eliminar datos de navegación…
  • Selecciona as casiñas de verificación Eliminar as cookies e Baleirar a caché.
  • Fai clic en limpar datos de navegación.

 

Eliminar as cookies en Chrome

 

3 Se usas Internet Explorer 7:

  • Fai clic en Ferramentas  > Opcións de Internet. Selecciona a pestana Xeral.
  • Vaia a Historial de exploración e faga clic en Eliminar...
  • Seleccione os elementos a eliminar: Arquivos temporais, Cookies e Historial.
  • Prema Eliminar.

 

Limpar a caché do Explorer





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.