Elaboración de recursos educativos con Canva

Elaborar recursos educativos con Canva

 

 

Hoxe en día numerosas ferramentas permiten crear contidos desde a nube, sen necesidade de facer instalacións nos nosos equipos. Unha ferramenta moi completa e que cobre aspectos tan diferentes como edición de vídeo, carteis, publicacións para redes sociais ou creación de páxinas web é Canva.

 

Trátase dunha ferramenta moi fácil de usar, con interfaces e ferramentas moi sinxelas e intuitivas que non requiren grandes coñecementos técnicos. Este enfoque faise ideal para o seu uso educativo, tanto para docentes como para alumnos, permitindo a realización de todo tipo de proxectos, individuais ou colaborativos na aula. Poderiamos definila como unha ferramenta de deseño gráfico para todos os públicos.

 

Canva ofrece todo tipo de recursos que se poden usar de base nos seus proxectos: imaxes, vídeos, fotografías e todo tipo de plantillas, todos eles libres de dereitos e que incluso se poden crear facendo uso de IA a partir de prompts. É dicir, todos os seus recursos pódense utilizar para elaborar materiais educativos libremente.

 

A súa facilidade de uso fai que poida utilizarse tamén desde dispositivos móbiles e tablets (para iOS e Android), polo que encaixaría tamén perfectamente en metodoloxías de mLearning.

 

Para ver algunhas das posibilidades de Canva, este vídeo explica como facer pequenos curtos educativos, por exemplo para Instagram ou TikTok:

 

 

 

Para rematar, deixámosvos un par de propostas orixinais máis:

 

  • Crear unha web colaborativa. Vale para calquera tema ou proxecto. Os estudantes poden crear unha páxina web de forma colaborativa, onde presentar ao mundo o traballo realizado. Cunha interface sinxela que consegue resultados profesionais, a páxina web resultante publicarase co subdominio que escollamos (e estea libre) no dominio my.canva.site.
     
  • Crear contos en liña con fondos de pantalla aesthetic. A edición de fondos de pantalla de gran calidade permítenos engadir elementos sobre fondos xa creados, como personaxes, adhesivos, vídeos, animacións, etc. Engadindo diferentes páxinas, os estudantes poden utilizalo para crear as súas historias ou contos en liña para despois exportalos a vídeo, PDF ou imaxes.

 

Estas son só algunhas ideas de como usar Canva en Educación, hai moitas máis!!

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.