Recomendacións para casos de epilepsia en nenos (Infografía)

 

Epilepsia

 

Neste artigo falaremos da epilepsia amosando fontes de información, guías e algunhas aplicacións útiles para persoas con epilepsia, os seus familiares, educadores ou calquera outra persoa que se encontre con nenas e nenos que sufran crises epilépticas. A infografía recolle a modo de resumo algunhas destas recomendacións para servir como tarxeta de consulta rápida.

 

 

¿Que é a epilepsia?

A epilepsia é un desorde neurolóxico que se caracteriza pola aparición de crises recorrentes, sendo estas de diferentes tipos. Unha soa crise non implica a diagnose da enfermidade, é necesario que estas crises se repitan ao longo do tempo. As crises poden ter lugar en calquera etapa da vida, pero son máis comúns na infancia e na vellez. Se ben, hai que ser optimistas porque hoxe en día trátase dunha enfermidade moi controlada, de feito en torno ao 75% dos casos pódense controlar con medicación, ademais outros tipos de epilepsia cúranse ou desaparecen coa idade.

 

 

 

Recomendacións para nenos e adultos con epilepsia

Neste artigo faise especial fincapé no caso dos nenos, primeiro pola sensibilidade que nos transmiten, pero tamén porque é unha das idades nas que haxa máis probabilidades de que aparezan as primeiras crises e por lo tanto aínda non se atopan baixo control, polo que familias e educadores deberían saber actuar rapidamente ante situacións de crise. As recomendacións para nenos serían extensibles tamén a adultos:

 

  • Evitar o estrés, e si, tamén hai estrés en nenos. Para nenos con epilepsia é moi importante ter tranquilidade, pois en situacións de nervios ou estrés existen máis probabilidades de sufrir una crise.
  • Non expoñer a menores de dous anos a ver a televisión en ningún caso e controlara no caso de nenos maiores o máximo posible, forzando descansos e evitando pasar moitas horas seguidas sen cambiar de actividade.
  • Evitar en todo caso os xogos en consolas, tablets, móbiles, etc… pois a exposición a estas luces pode ser moi nociva.

 

Chegados a este punto, cabería propoñer unha pregunta aos educadores, agora que tan de moda se están poñendo as tablets en educación ¿tívose en conta como se adaptarían a este modelo os nenos e nenas con problemas de epilepsia ou outras alteracións neurolóxicas? Cremos que esta é unha pregunta de obrigada reflexión.

 

Como actuar ante un caso de crise epiléptica

Se ante nós acontece un episodio de crise epiléptica, estas serían as principais recomendacións sobre como debemos actuar, recollidas a partir de varias guías de referencia:

 

  • Manter a calma.
  • Medir a duración da crise.
  • Non inmobilizar á persoa, pero si evitar que se lesione, retirando obxectos perigosos ao seu carón.
  • Poñer á persoa de costado e situar algo brando baixo a súa cabeza para evitar que se golpee co chan.
  • Permanecer coa persoa ata que acabe a crise.
  • Evitar que lle entre nada na boca ou darlle auga ou alimentos no momento da crise ou en momentos posteriores.
  • Se a crise dura máis de 5 minutos ou se repite, chama a un teléfono de emerxencias (112).

 

Guías de consulta

  • 50 respostas sobre as crises epilépticas e a epilepsia é unha guía elaborada por tres neurólogos españois para resolver preguntas básicas que poidan ter as persoas con epilepsia e os seus familiares. Cales son as súas causas, se é hereditaria, que tipo de probas se poden realizar, ou que facer ante unha crise son algunhas das preguntas ás que se dará resposta neste completo documento.
  • Guías de Purple Day España. Purple Day é unha asociación adicada a dar a coñecer a epilepsia e as súas crises, que proporciona varias guías rápidas de primeiros auxilios así coma outros artigos máis completos na súa web. Máis información e contidos na web de Purple Day España.

Captura guía 50 respuestas

Guía 50 respuestas

Purple Day España

Purple Day España

 

  • Vivir con epilepsia. Sitio web moi completo con varias guías sobre epilepsia, explicando que é, como actuar en situacións de crise, e apartados especiais para nenos e anciáns.
  • AFEDE - Asociación de Familias e Enfermos de Epilepsia. Na web desta asociación inclúense diferentes artigos sobre epilepsia, explicando que é, con recomendacións para levar unha vida normal, programas de prevención, e outros recursos.

 

 

Aplicacións móbiles de axuda

Aínda que en xeral non se recomenda o uso de dispositivos electrónicos en persoas con epilepsia, nalgúns casos podemos atopar aplicacións para smartphones que son de axuda ou utilidade, que ademais son gratuítas. Por exemplo:

 

My Epilepsy Diary

Esta aplicación permite ir rexistrando a evolución ao longo do tempo para unha persoa, a modo de diario de seguimento. Isto é algo que moitos médicos acostuman a pedir e que pode servir de axuda durante o tratamento. Permite levar conta dos medicamentos, crises sufridas, síntomas, pero tamén notas máis polo miúdo cos estados de ánimo. Permite sincronizar os datos na nube coa web epilepsy.com que permiten obter historiais e informes gráficos así como características máis completas. Dispoñible para iOS e Android: Epilepsy.com.

 

Epilepsy Action Seizure Diary

Outra aplicación gratuíta moi similar á anterior para rexistro diario da enfermidade, quizais cunha interface máis vistosa, pero coas desvantaxes de estar en inglés e de non permitir sincronización na nube. Sitio web e máis información: Epilepsy.org.uk.

 

Captura My Epilepsy Diary

My Epilepsy Diary

Captura Epilepsy Action Seizure Diary

Epilepsy Action Seizure Diary

 

Convulsións

Aplicación sinxela e práctica con definicións e vídeos sobre os diferentes tipos de crises. Ademais inclúe información sobre o tratamento pre-hospitalario, con indicacións e fotografías sobre como actuar ante unha persoa cunha crise epiléptica. O obxectivo desta aplicación é dar a coñecer mellor esta enfermidade e saber como actuar cando presenciamos que unha persoa ten unha crise. Por último inclúe un test para ver o que temos aprendido sobre epilepsia, co cal podemos utilizala para darlle un enfoque educativo e crear actividades para educadores ou estudantes sobre este tema. Máis información e descarga en Google Play.

 

CapturaConvulsiones (I)

Convulsións (I)

CapturaConvulsiones (II)

Convulsións (II)

 

Infografía

Infografía: Recomendacións para casos de epilepsia en nenos

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.