As vantaxes do uso das novas tecnoloxías hoxe en día son evidentes, pero supoñen un cambio respecto aos nosos hábitos pre-Internet. Estudos recentes empezan a sinalar diferentes formas nas que está afectando á memoria pero tamén á activación de certas zonas do cerebro en detrimento doutras, sobre todo en persoas que fan un uso intenso rozando o adictivo. A seguinte infografía amosa un exemplo para o caso concreto de Google e o conxunto de servizos que nos ofrece.
No modelo educativo pre-Internet a memorización era unha parte esencial do mesmo, hoxe principalmente por motivos pedagóxicos empézase a aceptar que se trata dun enfoque menos beneficioso que a aprendizaxe procedimental ou a adquisición de competencias. A memorización de datas, fórmulas e definicións perde aínda máis sentido cando Internet pódenos proporcionar a resposta cun clic.
¿Que ferramentas web axúdannos a lembrar cousas?
- O buscador de Google proporciónanos información de calquera cousa que poñamos no cuadro de busca e fagamos clic.
- Google Calendar permítenos lembrar datas e eventos a modo de axenda, pero tamén con envío de avisos.
- Google Maps evita que teñamos que lembrar enderezos ou como chegar aos sitios.
- Google Images amósanos a partires dunha foto dun obxecto toda a información relacionada con el.
- Google Traductor traduce calquera texto ou web ao instante sen que teñamos que lembrar a tradución de cada palabra.
Debido ao seu alcance, comeza a denominarse por moitos expertos este feito como “Efecto Google”, se ben, ademais de Google, existen outros buscadores (Duck duck go, Bing, …) e outros servizos web como Wikipedia ou Wolfram Alpha entre outros moitos. Todos eles ofrécennos funcionalidades semellantes e que xa se converteron en parte do noso día a día.
¿Como nos afecta?
Antes de Internet a información tiñamos que recopilala manualmente de onde boamente se poidera, en clase, libros, enciclopedias, diccionarios … o obxectivo a continuación era lembrala cando a precisaramos, memorizando o máis importante, buscando asociacións visuais, quedándonos co máis importante etc.
Agora cando queremos información sobre algo simplemente o buscamos. Obtemos infinidade de documentos ao instante con información relevante ou non, e rapidamente analizamos un determinado número de páxinas ou documentos para quedarnos cos máis relevantes e cunha ollada rápida ir ao punto concreto de información buscado. Unha vez atopado, non lle damos a mesma información, sabemos que a próxima vez que a precisemos vai a seguir sendo tan doada de atopar, así que non lle damos maior importancia.
Multipliquemos isto por practicamente todas as operacións que realizamos, ¿que consecuencias está tendo na nosa mente?
- Un aumento da necesidade, que roza xa a dependencia, con Internet para a obtención de información.
- A confianza na facilidade de acceso á información relaxa o esforzo para lembrala.
- Como as nosas lembranzas son imperfectas téndese a empregar Internet como verificador.
- Dispoñemos de máis información que nunca almacenada, pero en vez de na nosa memoria na memoria dos nosos ordenadores ou na nube.
- Os novos hábitos interfiren coa adquisición de coñecementos máis profundos.
- Ao ser tamén habitual en Internet a desinformación,o noso coñecemento pode ser de peor calidade se non existe un pensamento crítico e lóxico detrás que axude a filtralo.
¿Que pasaría se de repente deixáramos de dispoñer destes servizos?
Artigos relacionados
- ¿Por que preocuparnos por lembrar a información se podemos usar Google?
- Os efectos de Google na nosa memoria: Consecuencias cognitivas de ter a información ao alcance dos nosos dedos.
- Internet está cambiando as mentes.
- Internet virase abaixo e viviremos ondas de pánico.
Infografía
Fonte orixinal: http://www.onlinecolleges.net/