3 ferramentas que nos axudan co inglés: Vocabla, Rewordify e SummarizeThis

Miniatura típico guardia inglés

 

Cada vez van aparecendo novas ferramentas para mellorar a nosa aprendizaxe e comunicación noutros idiomas, sobre todo para perfeccionar o noso inglés. A continuación veremos tres delas, que nos ofrecen novos enfoques e posibilidades.

 

Vocabla

Vocabla é unha aplicación gratuíta á que podemos acceder dende o navegador, accedendo á web ou como plugin ou a través da súa aplicación para iOS ou Android. Require rexistro ou acceso a través da conta de Facebook. Esta ferramenta axúdanos a aprender vocabulario. Inserimos novos termos e ofrécenos a súa tradución para logo crear listas e a partir destas propoñer actividades de tipo xogos, flashcards ou test para axudar a lembrar as palabras que temos almacenadas. Os xogos e actividades actívanse unha vez que teñamos un mínimo de 5 palabras nunha lista.

 

Captura de cómo añadir una nueva palabra

Captura de como engadir unha nova palabra.

 

A maiores permite opcións de rede social, accedendo a unha biblioteca de listas mellor valoradas ou seguindo a outros usuarios para compartir coñecementos compartindo listas ou as súas novas incorporacións.

Ademais permite engadir un compoñente lúdico e motivador consistente en ir sumando puntos coas novas incorporacións de palabras e actividades. Posteriormente ofrece clasificacións dos usuarios con máis puntos ese día ou na clasificación xeral, e marcando metas diarias para cada usuario segundo evoluciona a súa aprendizaxe.

 

Captura de los juegos y actividades disponibles

Captura dos xogos e actividades dispoñibles.

 

Esta ferramenta permite numerosos enfoques educativos, sendo un gran complemento para a aprendizaxe de idiomas. Destaca sobre todo o seu aspecto lúdico-motivador e a incorporación de actividades de forma case automática. Por exemplo coma profesor podemos crear unha lista sobre unha unidade didáctica e propoñerlla directamente aos estudantes. Se ben, ao ser unha rede social aberta, e requirir rexistro con correo electrónico ou facebook queda limitada ás etapas educativas máis avanzadas.

 

Sitio web de Vocabla

 

 

Rewordify

É unha aplicación online gratuíta que nos facilita a comprensión de textos en inglés. Ao acceder ao sitio preséntanos un cadro onde inserir texto sobre o que realizará unha transformación, aclarando termos complexos por unha descrición do seu significado. Non se trataría tanto dun tradutor como dun dicionario, que podemos aplicar sobre textos de gran complexidade para facelos máis doados de entender, pero sen traducilos, sempre en inglés. Simplemente axúdanos a comprender o que estamos lendo. Unha grande características desta ferramenta é que nos permite inserir unha páxina ou sitio web sobre o que realizará a transformación directamente. Abrirá a web coma un sitio modificado, indicando os textos que se modificaron destacados en amarelo.

Esta ferramenta supón unha alternativa aos tradutores automáticos, que en moitas ocasións alteran o significado do texto. Permítenos ademais desenvolver actividades académicas específicas para comprensión de textos. Unha posible actividade sería o facilitar versións transformadas de textos de prensa inglesa aos alumnos, ou ben, propoñer unha primeira lectura en inglés difícil para despois facelo na súa versión doada.

 

Sitio web de Rewordify

 

 

SummarizeThis

O obxectivo desta ferramenta é proporcionarnos un resumo comprensible a partir do texto que lle pasemos. Ten unha interface moi sinxela, simplemente preséntanos un cadro de texto onde inserir o texto e a continuación amósanos o seu resumo. En teoría busca os puntos máis importantes do texto, aínda que en ocasións tan só se queda cos primeiros parágrafos. O seu principal aporte é o aforro de tempo, pero para uso persoal ou de axuda ao estudo pode ser unha moi boa ferramenta de apoio na investigación, sobre todo cando nos atopemos con textos moi densos. Desta forma podemos botar unha ollada previa ao resumo para ver se nos interesa consultar máis a fondo o documento.

 

Captura de un texto resumido con SummarizeThis

Captura dun texto resumido con SummarizeThis.

 

Dentro da comprensión de textos en inglés, unha parte importante é identificar os puntos principais, algo ao que nos pode axudar esta ferramenta.

 

Sitio web de SummarizeThis

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.