Pinterest é unha rede social que permite aos usuarios crear taboleiros de contidos, a partir de imaxes ou ligazóns. Desta forma podemos revisar os contidos dos nosos taboleiros ou os doutros usuarios de forma moi áxil e visual.
Ao ver un taboleiro, aparece cada contido, marcador, ou “pin” cunha imaxe descritiva, o que nos axuda moito a identificar cada un dentro da súa colección. Esta funcionalidade resulta moi proveitosa para crear páxinas de produtos ou de recursos educativos, sendo válida en proxectos de marketing ou educativos.
Resulta unha web moi doada e intuitiva de empregar, o que fai que creza a gran velocidade no tocante a número de usuarios.
A posibilidade de facer taboleiros privados, fai que nos serva tamén como un sistema de bookmarking ou de almacenamento de ligazóns para o noso propio uso ou en proxectos colaborativos.
¿Como funciona?
Ao acceder a un taboleiro vemos a diferente información destacada coa súa imaxe nos diferentes "pins" ou marcadores:
Premendo sobre cada marcador ou "pin" accederemos ao sitio web onde aparece, vendo así a información ampliada:
Facer "pin" para gardar un contido é moi sinxelo. Moitos sitios web incorporan botóns para facelo, pero tamén podemos engadilos dende un dos nosos taboleiros ou cun botón que se pode instalar en calquera navegador.
Gabit dispón do seu propio taboleiro de Pinterest, convidámoste a seguirnos!