Hoxe en día se queremos promocionar en Internet a nosa web ou tenda online, unha das posibilidades e crear unha páxina de Facebook para ir acumulando fans ou subscriptores aos que lles cheguen as nosas publicacións. Pero ...¿cales son as páxinas que máis fans teñen? ¿podemos seguir o seu modelo?
Existen páxinas como http://fanpagelist.com que nos amosan o Top-Ten de Facebook (e ao lado o de Twitter), onde se inclúen as páxinas con máis fans, a modo de lista dos cuarenta principais:
A día de hoxe estas serían as principais, cun número de fans entre 50 e 72 millóns de usuarios, cifras enormes que dan idea do alcance destas páxinas, e moi lonxe do que nunca poderá chegar un negocio local ou pyme. Analizando un pouco a lista, vemos 3 categorías, as páxinas web de Facebook, Youtube e de Póker online, estrelas do mundo da canción e un produto de marca.
Se miramos as fanpages, vemos que realmente non incorporan nada novedoso, tan só algunha foto ou vídeos de Youtube como promoción. O que se vende neste caso é a propia marca, e por factores externos e outras vías de publicidade pois o público o transmite ao "Me gusta" de Facebook.
Ligazón: Páxina de Fanlist
Por último engadimos unha interesante infografía en inglés que inclúe o top de facebook, o top de marcas en facebook e algunhas suxestión para facer medrar a nosa páxina de fans: