A asociación ASPANEPS gaña o V Premio Solidario Cidade de Ferrol, convocado polo Concello e ao que se presentou co proxecto "Ponte en mi lugar: iguales pero diferentes".
A asociación ASPANEPS gaña o V Premio Solidario Cidade de Ferrol, convocado polo Concello e ao que se presentou co proxecto "Ponte en mi lugar: iguales pero diferentes". O proxecto buscaba achegar a máis de 1000 nenos e nenas ao punto de vista das persoas con discapacidade co fin de que acaden unha maior sensibilidade social.
O proxecto levouse a cabo en centros escolares do concello de Ferrol, en colaboración cos docentes de cada centro. Está pendente de trasladarse a centros dos concellos de Narón, Cedeira, Neda, As Pontes e Mugardos. O traballo na escola complétase logo dunha semana coa chamada "Ruta da integración" que a través de cadeiras de rodas ou un traxe denominado simulador de idade, que dificulta a movilidade e a visión, sitúa aos nenos e nenas fronte as dificultades doutras persoas.
Ligazóns á nova noutras páxinas: