Citebite é unha utilidade 2.0 moi sinxela, que a partir dunha páxina web e un texto da mesma, nos da unha url alternativa na que veremos a páxina con ese texto destacado, como subliñado cun rotulador marcador.
Citebite é unha utilidade 2.0 moi sinxela, pero que pode ter grande uitilidade para o profesorado. A idea é que a partir dunha páxina web e un texto da mesma, nos proporcione unha url alternativa na que veremos a páxina con ese texto destacado, como subliñado cun rotulador marcador. Como moitas veces hai que indicarlles aos alumnos unha páxina web con moitos contidos, esta ferramenta é unha solución moi directa para sinalar aquelas partes da páxina que realmente teñen relevancia para a clase.
Prememos en "Make Citebite" para obter a ligazón que nos levará á páxina co texto resaltado.
Así veríamos a páxina:
Traballando con textos a ferramenta funciona perfectamente, aínda que con outros elementos que leven Flash, Ajax ou Javascript podemos ter algún problema de visualización.
Ligazón: http://www.citebite.com/