Limetr.ee é unha aplicación Web 2.0 que nos permite crear a liña de tempo dos nosos pequenos, de xeito completamente privado. Non é unha rede social, é unha utilidade para que os pais poidan ir engadindo nunha liña de tempo fotos, vídeos ou artigos dos seus fillos. Cun deseño moi logrado, proporciona un espazo interesante para recoller os mellores dos pequenos dun xeito orixinal.
De momento está dispoñible en portugués e inglés, e a modo de presentación, un vídeo que amosa as posibilidades de Limetree:
Ligazón: https://limetr.ee