
A pesares das súas moitas vantaxes, hai que ter conciencia de que o uso das TIC non está exento de riscos, sobre todo para os máis pequenos. Cada día son máis frecuentes os casos de ciberacoso, roubo de datos persoais, ou suplantación de identidade, entre outros moitos. Para mellorar esta seguridade é fundamental educar en seguridade, e para iso publicamos hoxe unha serie de suxestións para todos os que deben participar deste proceso, pais, profesores e os propios nenos e nenas.