
Xa está dispoñible a nova versión de Moodle (2.8). Neste artigo faremos un repaso das súas principais características e cunha infografía para ilustrar os datos do seu desenvolvemento.
Novas características en Moodle 2.8
Moodle, xa vai pola súa versión 2.8. Nesta versión corríxense multitude de pequenos erros ou bugs e incoporanse novas características como:
- Auto-gardado de texto. O editor de texto Atto irá gardando no servidor o contido segundo se escribe.
- Novo menú de usuario. Un menú despregable de usuario permite acceder ao perfil, mensaxes, insignias e arquivos privados dende calquera pantalla.
- Opción de "Me gusta". De xeito parecido ás valoracións en redes sociais podemos valorar as publicacións doutros usuarios.
- Melloras no módulo de cualificacións. Agora permite editar as cualificacións sen recargar en diferentes celas á vez, e mellora o soporte en dispositivos móbiles. Tamén ofrece unha nova vista individual do estudante para avalialo.
- Melloras no foro. Máis opcións de navegación e posibilidade de subscrición a un único fío de debate.
- Máis características na Documentación Oficial de Moodle.
Podemos ver algunhas pantallas en funcionamento no seguinte vídeo (en inglés):
Datos de desenvolvemento de Moodle 2.8 (Infografía)
