Xa temos Moodle 2.7 dispoñible: características e algúns datos do seu desenvolvemento (Infografía)

Características y desarrollo de Moodle 2.6

Xa está dispoñible a nova versión de Moodle (2.7). Neste artigo faremos un repaso das súas principais características e cunha infografía para ilustrar os datos do seu desenvolvemento.

 

Novas características en Moodle 2.7

 

Unha das mellores plataformas de e-learning de código aberto, Moodle, chega xa á súa versión 2.7. Nesta versión corríxense multitude de pequenos detalles (con case 200 novas características e melloras), de entre as súas principais características destacarían:

 

  • Melloras no módulo de Tarefas, permitindo editar os envíos dos estudantes, controlar cando se enviará retroalimentación, ou limitar o número de palabras a enviar.
  • Melloras na ventá de cuestionarios para duplicar e mover preguntas.
  • Novo editor de texto e HTML Atto, máis centrado na accesibilidade e usabilidade que TinyMCE, o cal aínda estará dispoñible para aqueles usuarios que non desexen modificar o aspecto actual.

    Captura do novo editor Atto

    Novo editor HTML Atto.

  • Novo filtro matemático MathJax para edición de ecuacións matemáticas en todos os dispositivos, que inclúe dispositivos móbiles, continuando a aposta de Moodle polo Mobile-Learning.
  • Aumenta o tempo de soporte, estando previsto que esta nova versión se manteña estable e con soporte durante tres anos.
  • Máis características na Documentación Oficial de Moodle.

 

Podemos ver algunhas pantallas en funcionamento no seguinte vídeo (está en inglés, pero é moi claro e ademais ten subtítulos):

 

 

 

Datos de desenvolvemento de Moodle 2.7 (Infografía)

 

Datos de desenvolvemento de Moodle 2.7

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.