Recomendamos o libro "Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación", unha guía que pretende servir como punto de partida para todas aquelas persoas que se queiran iniciar no mundo do Mobile-Learning. Presenta as diferentes posibilidades á nosa disposición no que respecta a dispositivos, aplicacións e servizos web para darlles un enfoque educativo. Búscase ofrecer unha perspectiva real que de forma áxil e clara nos permita coñecer os distintos elementos que forman parte deste modelo pedagóxico. Os principais temas que se inclúen neste libro son:
- Introdución ao Mobile Learning. Principais sistemas operativos móbiles, como instalar aplicacións e uso de móbiles en clase.
- Traballando na nube: construíndo o noso PLE. Concepto de PLE, principais aplicacións de productividade e deseño do PLE da aula.
- Organizando a información. Buscar, filtrar, compartir e engadir contido para xerar materiais educativos.
- Ferramentas de avaliación. E-Portfolios e outras ferramentas de avaliación e aplicacións para xestionalos.
- Traballo colaborativo. Aplicacións para traballo en grupo, redes sociais, concepto de PLN e deseño de actividades colaborativas.
- Aplicacións educativas. Clasificación e exemplos para diferentes áreas educativas.
Atópase publicado nas principais tendas online en formato e-Book ou a impresión baixo demanda: