Anteriormente víamos como instalar aplicacións en Android, agora é o turno de iOS. Como veremos o procedimento é moi similar, e baséase tamén en buscar a aplicación na tenda de aplicacións ou store, que neste sistema será a App Store.
Tenda de aplicacións: App Store
Para instalar novas aplicacións no noso dispositivo dispoñemos de varias aplicacións que funcionan á súa vez como App Store ou Tendas de aplicacións. Cada fabricante acostuma incluír a súa propia, pero sempre cabe a posibilidade de utilizar a que vén integrada co propio sistema, a tenda online do sistema operativo iOS: App Store. Aínda que reciban o nome xenérico de “tenda” van a permitirnos descargar aplicacións gratuítas ademais das de pago. Así mesmo poderemos descargar ademais de aplicacións, xogos, libros ou música, de maneira similar.
Cando imos ao sitio web dunha aplicación ou app, normalmente aparecerá indicado se se atopa dispoñible para o noso sistema cunha icona como esta:
Outra opción é buscala dende a propia tenda. Para facelo non temos máis que buscar o nome da aplicación, ver se aparece nos resultados e instalala, despois de autentificarnos. A continuación veremos un exemplo sinxelo:
1 Dende o cadro de busca escribimos o nome da aplicación que queramos instalar, neste caso “Abalar”, unha aplicación educativa.
2 A continuación aparecen os resultados coincidentes, neste caso un só, que é a aplicación "Abalarmóbil"
3 Na seguinte pantalla aparecerá xa o botón “Instalar”, prememos sobre el e procederase coa instalación. Neste punto pode pedir as credenciais de acceso á App Store.
4 Unha vez instalada amosaranos a icona no escritorio do dispositivo para arrincala rapidamente.
¡E así para todas!